Imprimir

Magosto e presentación da web das escolas deportivas.

2CS 66162CS 6653O sabado 15 de Novembro celebrouse o magosto das escolas deportivas do concello, dende as 18.30 ata as 21.30 os nenos e nenas das diferentes actividades que engloban as escolas,ximnasia ritmica, tenis, patinaxe, fútbol e futbol sala ademais de todo aquel que se quixo unir a celebración, puido disfrutar dunha tarde de festa en torno a disculpa do magosto. Os mais pequenos poideron disfrutar dunha gran festa de colchonetas que se aderezou cunha merenda en base a xamón asado e bolos preñados de chourizo, mais as típicas castañas e bicas para todos os asistentes. Ao remate da comida procedeuse a presentación da nova Web das escolas deportivas do concello, espacio donde esperamos dar acollida non soio o deporte base que esta baixo a protección das escolas, senón a todo o deporte que se desenrola no entorno de celanova e os celanovenses. Esperando que sexa un punto de encontro para todos deportistas e clubes iniciamos esta nova publicación.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.