O Alfesán continua líder na liga local de Celanova

A cuarta xornada da liga Antolin Celanova deixa, outra semana máis, o equipo do Alfesán F.S. como líder despois de ganar o seu partido contra o Esconxuro - América por 10 goles a 2, e así, sumar a sua cuarta victoria consecutiva. 

No partido entre A. y P. Ramón Saeta e o café Espolón - Ermida F.S. o resultado foi dun axustado 2 a 0 que permite que o A. y P. Ramón Saeta continúe xusto detrás do líder  con tres victorias en tres partidos.

Así mesmo o Axa Celanova Xestión FS e o Celanova Motor firmaron taboas no seu duelo con resultado de 2-2, mentres que o Café Bar Londres ganaballe o seu encontro por 5 goles a 2 o Bande FS.

Esta semana tocoulle descansar o equipo do Pub O2. 

 

 Clasificación liga Local Celanova J4

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.