Imprimir

O clube xadrez Celanova representado na XXX edición do Nadal de Barrocás.

O clube xadrez de Celanova estivo representado un ano mais na XXXº edición do torneo internacional de Barrocás, un dos mais prestixiosos da nosa comunidade. Cinco foron os membros do clube que competiron en Ourense, Sindo Rodriguez foi o que acadou mellor clasificación ocupando o 13º posto da clasificación xeral cunha puntuación de 4.5 puntos sobre 7 partidos a dous puntos do gañadorque foi gañada polo xoven xogador do xadrez Ourense David Gomez. Os restantes compoñentes do clube remataron nos postos 31 David Dorado, Manuel Paz 37, Andrés Gonzalez 47,Samanta Couso 52.

Esta cita valeulle como preparación para a sua participación na liga galega de 2ª división que comenzará o sabado día 10 de xaneiro desplazandose diante o clube xadrez Nigrán.ENTREGA TROFEOS - copia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.