V Carreira do cocido en Lalin con presencia dos Pato Blanco Toledo e Roberto
O Domingo celebrabase a V Carreira do cocido en Lalín, cun percorrido de 10.000 metros nun trazado exigente, e un ano mais con representación celanovense a cargo de atletas do Pato Blanco. O gañador da proba foi Ricardo Vazquez Vaamonde cun tempo de 34:08 que se impuxo nunha apretada carreira a José Corral que finalizou en 34:13. Polo que respeta aos celanovenses, José Manuel Toledo fixo unha mui meritoria carreira para finalizar no posto 47 da clasificación absoluto cun tempo de 40:30, mentres Roberto Miranda acabou no posto 151 cun tempo de 45:08. A proba finalizarona 360 atletas.