Charli Pérez, un celanovense na III Carreira Africana de Melilla.

Iste pasado fin de semana celebrouse a 3ª edición da Carreira Africana de Melilla, unha proba de fondo de gran dureza, con 50 km. de recorrido e que se celebra na ciudad española de Melilla no norte de África. Na proba estivo presente o celanovense Charli Pérez que realizou unha gran proba, a pesar dos calambres sufridos nos últimos 15 km, rematando no posto 197 cun tempo de 5 horas 20 minutos, mentres o gañador da proba que foi Miguel Capo Soler do clube Mallorcatrail fixo un tempo de3:23:47. A proba dun recorrido esixente aparte do kilometraxe, rematarona 973 atletas de 1240 inscritos. Para Charli Pérez aparte de competir foi un ensaio para a disputa dos 101 km. de Ronda que ten en mente para o mes de maio.11063168 10205603038582542 1031324142 n

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.