Imprimir

O Pato Blanco na mítica proba da Behobia - San Sebastián.

Iste fin de semana celebrouse unha nova edición da proba vasca Behobia - San Sebastián, unha das probas mais míticas do calendario en ruta español e que reune na saída miles de personas para a súa disputa. E ata alá se desplazaron diversos miebehobia san sebastian pato blancombros do clube Pato Blanco de Celanova para disputar unha proba na que as altas temperaturas que estamos a padecer nunha época na que non corresponde, fixo que se multiplicara a súa dureza e que os preto de 20 Km. no que se desenvolve a proba se convertiran nunha auténtica odisea para moitos dos participantes. Ata o punto de que cabe lamentar o falecemento dun corredor ao cruzar a linea de meta e o ingreso hospitalario de perto de unha ducia de participantes. Destacar que todos os participantes do clube remataron a proba sin ningún tipo de problemas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.