Clara derrota do Sporting diante do Poligono 0-3
O Sporting Celanova caia derrotado onte en San Rosendo de forma clara diante dun Poligono que chegaba cun punto de motivación extra tral cambio de adestrador de esta semana. O partido xa se amosaba complicado para o Celanova dende o principio, por un lado as baixas de xente importante especialmente na parcela defensica. E por outro a entidad dun rival que era dos chamados a estar nos postos de arriba da taboa clasificatoria ao principio da tempada. O Poligono xa se conseguiu adiantar mediada a primeira metade cun gol de Alex, pero sería ao arranque da segunda cando en apenas cinco minutos Yago e José Gonzalez romperían o partido de maneira definitiva. O Sporting encadena de este xeito o cuarto encontro consecutivo sen victoria, ainda que se manten nunha comoda decimoprimeira posición na taboa mui lonxe dos postos complicados. Ver resultados e clasificacions.