Participación do Pato Blanco no campeonato de España de maratón en Sevilla,

Nova participación do Pato Blanco nunha das grandes probas do calendario nacional, en iste caso a maratón de Sevilla co atractivo añadido de que se dilucidaba o campión de España na proba e ca espectativa de moitos corredores en busca da minima olímpica para os xogos de Río. O gañador da proba foi o keniano Cosmos Lagat 2:08:14, tempo que lle valeu tamén para batir o seu propio record da proba. En categoría femenina Paula Gonzalez resultaría gañadora e xunto con Carles Castillejo proclamaríase campeons de España. Xunto con iles dous,  Jesus España e Estela Navascués tamén lograron a mínima para os xogos olímpicos de Río. En canto aos atletas do Pato Blanco destacar o debut do atleta Xosé M. Toledo na proba reina do atletismo cun fantástico 3:14:55 mesmo tempo que Vicente Rodriguez que o apadriñou durante o recorrido. Moi a destacar a 12º participación de Miguel Gonzalez cun fantástico tempo de 3:34 e Jesus Arias en 3:32 . Novo reto conseguido para a xente do Pato Blanco que segue levando o nome de Celanova polas probas mais significativas do calendario internacional.maraton sevilla

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.