Doble participación do Pato Blanco este fin de semana na media maratón de Carballiño e Mérida.
Dous puntos tan distantes como Carballiño e Mérida foron os escenarios elexidos pola xente do Pato Blanco para competir iste fin de semana. Tres foron os representantes en Extremadura, para disputar a media de Mérida, Todea, Sindo e Mónica achegaronse para levar o nome do clube e Celanova ata milenaria Emerita Augusta nuha proba gañada polo portugués Bruno Paixao cun tempo de 1:06:09. Por outro lado outra parte do equipo acercouse a vila do Arenteiro para estar presente un ano mais na celebración da súa media maratón, na que resultou gañador o atleta Luis Iglesias cun tempo de 1:14:11, mentres os primeiros Pato Blanco Alexander Diz 1:36 e José Vazquez 1:37.