Imprimir

Magosto e presentación da web das escolas deportivas.

2CS 66162CS 6653O sabado 15 de Novembro celebrouse o magosto das escolas deportivas do concello, dende as 18.30 ata as 21.30 os nenos e nenas das diferentes actividades que engloban as escolas,ximnasia ritmica, tenis, patinaxe, fútbol e futbol sala ademais de todo aquel que se quixo unir a celebración, puido disfrutar dunha tarde de festa en torno a disculpa do magosto. Os mais pequenos poideron disfrutar dunha gran festa de colchonetas que se aderezou cunha merenda en base a xamón asado e bolos preñados de chourizo, mais as típicas castañas e bicas para todos os asistentes. Ao remate da comida procedeuse a presentación da nova Web das escolas deportivas do concello, espacio donde esperamos dar acollida non soio o deporte base que esta baixo a protección das escolas, senón a todo o deporte que se desenrola no entorno de celanova e os celanovenses. Esperando que sexa un punto de encontro para todos deportistas e clubes iniciamos esta nova publicación.

Imprimir

Gran representación celanovense na 38ª San Martiño que volve a gañar Penas.

IMG-20141117-WA0033O domingo 19 de novembro voltou a celebrarse a gran festa do deporte ourensán, coa 38ª edición da San Martiño. Nin a chuiva que amenazaba puido evitar que miles de atletas a maioría populares poideran disfrutar do seu momento polas ruas de Ourense e moitos de iles, cada vez mais, da nosa vila. Ben a través do clube Pato Blanco ou de maneira individual a representación celanovense continua crecendo e ata 36 corredores vinculados a Celanova conseguiron rematala proba, sendo os mellores clasificados J.Antonio Losada Miranda 37:55 rematando no posto 222 ,  Julio Fernandez 37:56 posto 225, José M. Toledo 39:29 posto 338, Fernando Montes 39:53 posto 434, Manuel Vicente Rodriguez 40:23, Carlos Vispo 40:41 posto 514....Así mesmo 5 corredoras do noso entorno remataron a proba sendo Mónica Alvarez con 57:10 no posto 3324 a mellor clasificada. En canto a carreira absoluta o gañador voltou a ser Manuel Penas do New Balance cun tempo de 30:39. Voltou a ser por dous motivos, porque e a segunda San Martiño que consigue gañar e porque voltou a selo gañador tras habelo conseguido fai quince días na poular de Santiago a outra proba referente do atletismo galego. Por detrás chegaron Hassam Lekhilique rematou a proba en 30:43 e Rubén Diz 31:10. En canto a categoría femenina a gañadora foi a canguesa Andreia Pereira cun tempo de 35:01 .

Imprimir

O Sporting cae derrotado diante o Covadonga .

10277414 1450536128525303 2505556482616972789 nO Sportin Celanova caiu derrotado por 0-2 diante o Covadonga en San Rosendo en encontro da 11ª xornada de liga da Primeira Autonómica. Cando parecía que conseguiran deixar atrás a racha de resultados negativos despixa da victoria co Ribeiro e o empate en Allariz esta nova derrota voltas a por nunha situación perigosa na clasificación. O partido puxose mui pronto de cara para os visitantes, xa no min. 14 Victor conseguia adiantar a o Covadonga, para no min.34 o mesmo Victor por o 0-2 que xa seria insalvable.

Sporting Celanova: Lucas - J.Miguel(Alvaro 61) - Tito - Sierra(Vazquez 73´)- Dani - Diego - Iván Fdez(Ribao 46´) - Marcos - Alberto(Germán 77´) - Parada(61´) - Yago.

Imprimir

O clube NSB disputou a BTT Ruta de Nigrán

O domingo 9 de Novembro disputouse a BTT Ruta de Nigrán cun percorrido de 44 Km. nun recoorrido de dificultade media e cunha fermosas vistas para disfrutar dun gran día de bici, ata alá se acercou unha representación de Celanova composta pola xente do NSB e formada por J.María, Dani, Gabriel, Elías e Ricardo.Btt Quintela Leirado 2012

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.