Imprimir

Comenza a conta atrás coa apertura das inscripcións para a disputa da Nocturna de Celanova o 11 de Xuño..

Hoxe día 5 de Xuño comenza a conta atrás coa apertura das inscripcións para a Nocturna de Celanova que se celebrará o Sabado 11 de Xuño. A inscripción poderase facer na páxina web de champión chip norte ou ben de forma presencial en calquera dos dous pavillóns municipais. Será gratuita a inscripción para as categorías  inferiores mentres que para os participantes na carreira absoluta  o custe será de 5 euros para os que teñen chip en propiedade mais un euro polo aluger para a carreira para os que non dispoñan de il. Esperamos que como todolos anos a inscripción e o desenrolo da proba sexan un éxito que permita seguir consolidando a Nocturna de Celanova como unha das referencias do atletismo popular galego.IMG 20160505 131736

Imprimir

Importante empate do Sporting na súa pelea por salvar o descenso de categoría.

O Sporting Celanova conseguiu un punto importante no seu desplazamento a Peroxa de cara a conseguir salvar a categorìa na 1ª Rexional Ourensana. O partido puxose de cara ao adiantarse mediante un gol de Marcos aos 3 min. no marcador, igualando a Peroxa ao comenzo da segunda metade. Iste punto manten ao Sporting a 3 puntos do descenso con dúas xornadas por disputar.10666003 1503055933273322 4791382189188000986 n

Imprimir

Fernando Alvarez na segunda proba da Copa de España de Montaña.

Iste fin de semana celebrouse a segunda proba da Copa de España de montaña en Viveiro, Lugo, coa participación do atleta celanovés Fernado Alvarez. A proba consistía nunha maratón de montaña 42 Km., conseguindoa rematar o celanovense no posto 55 da xeral e 19 da súa categoría cun tempo de 5:24:37, e todo a pesar de correr cunha fascitis que mermaba as súas capacidades.FER COPA ESPAÑA

Imprimir

Gran representación do Pato Blanco nunha tremenda VIG-BAY gañada por Lolo Penas.

IMG-20151127-WA0002Iste fin de semana e baixo unhas condicións de extrema dureza polo mal tempo reinante disputouse unha nova edición da media maratón mais prestixiosa da nosa comunidade a VIG-BAY ou o que é o mesmo percorrer a distancia que hai entre Vigo e Baiona. Como todo-los anos unha nutrida representación do Pato Blanco celanovés estivo presente no evento e superando as dificultades do recorrido todos tiveron o gran mérito de rematala e en perfectas condicións. A proba tuvo tres claros dominadores que chegaron xuntos para disputar a victoria nun apretado Sprint onde Lolo Penas sairía gañador cun tempo de 1:09:58, seguido case no mesmo tempo por Hassn Lekhili e Rubén Diz. En categoría fiminina a gañadora sería Diana RUivó con 1:26:45. Polo que respecta aos celanovenses do Pato Blanco os mellores clasificados foron J.M.Toledo cun tempo de 1:28:57, Vicente Rodriguez 1:29:18 e Alexander Diz 1:30:48, polo que respecta as participantes fimininas Susana Selas e Mónica Alvarez calcaron un tempo de 2:10:09.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.