Imprimir

O Pato Blanco comenza o ano competitivo en Boborás.

pato blanco boborasDesplazamento en masa dos corredores do Pato Blanco a Boborás para dar o pistoletazo de saída a un novo ano competitivo con multitud de obxetivos no horizonte. Como ven sendo habitual o croos de Boborás e a primeira competición do calendario provincial no mes de Xaneiro e como tamén ven sendo habitual dende varias ediciopns unha representación do Pato Blanco achegase ata aquelas terras para disputar o seu coss, ainda que esta vez a representación foi ainda mais nutrida que de costumbre con 14 atletas do clube que remataron a proba. O gañador do XVI cross de Boborás foi o atleta Luis Iglesias Raña cun tempo de 26:21 , sendo os primeiros representantes celanovenses José M. Toledo no posto 49 cun tempo de 31:34 e Damián Alvarez 31:47. A gañadora femenina foi Flor Lamas con 35:04 mentras a mellor clasificadas do Pato Blanco foron Susana Selas 48:40 e Rosa Pérez 48:56. Ver clasificaions Pato Blanco Boboras.

Imprimir

O Bar O latas reafirma o seu liderato tra-lo empate diante do Bar Londres.

Boa xornada para o Bar O Latas, que pese a empatar no partido da xornada co Londres 3-3, consegue manter a diferencia de sete puntos respeto a iste e coa derrota do Spolón 0-2 Sanguñedo ampliar ainda un punto mais a diferencia sobre o terceiro clasificado. No resto de encontros crara derrota do A.P.Ramón Saeta 2-9 diante do PKDOS e victorias do Ramirás 4-1 diante o Bar América e do Celanova Xestión 6-5 diante do Bar O que Faltaba. Ver clasificación. liga local

Imprimir

Victoria do Baloncesto Celanova 66-61 diante do AB.Xinzo

Partido de moita tensión no pavillón Pedra da Moa entre o Baloncesto Celanova e o AB.Xinzo que o finai acabou gañando o equipo local 66-61. O partido estivo igualado en todo momento con escasas ventaxas case sempre a favor dos locais, que fixo que se chegara a un apretado fianl onde os celanovenses foron quen de levarse a victoria por unha mallor eficacia e sobre todo fortaleza defensiva. Esta victoria mantenos coolideres da competición empatados co Mueble Victoria do Barco pero cun encontro menos. O próximo encontro será co Xuventude Verín nas terras do Támega un dos equipos da parte alta da clasificación. Ver clasificación e resultados. baloncesto 2

Imprimir

Destacada participación de Miguel Alves no provincial de xadrez co clube Xadrez Celanova.

O clube xadrez Celanova participou iste fin de semana nos campionatos provincias sub-8 e sub-12 cos deportistas Miguel Alves e David Vázquez en sub-8 é Brais Alonso en sub-12- . Destacar o resultado de Miguel Alves que acadou unha mais que meritoria 8ª posición conseguindo tres puntos sobre cinco na categoría sub-8 que gañaría a ourensana Pura Dieguez.CAMPEONATO PROVINCIAL DE XADREZ SUB-8

Imprimir

Empate da EDC.Celanova femenina na súa visita a Carballiño.

Partido complicado para as rapazas da EDC.Celanova na súa visita a Carballiño diante do Pazo Tizón que rematou con empate 4-4. A EDC. pese a ir sempre mandando no marcador nunca conseguiu rompelo de maneira definitiva, o cal mantiña as Carballinesas expectantes para en calquer xogada aillada conquerir o empate como así aconteceu no tamo final, que tras chegar cunha curta ventaxa de 3-4 foron quen de empatar o partido. Pese o empate a EDC.Celanova continua lider cunha crara diferencia de catro puntos diante o Cartelle. Clasificación.EDC CELANOVA FEMENINO 155 Resultados xornada.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.