Imprimir

Cafetería O Latas lidera a liga local de sala.

Cafetería O Latas lidera a liga local de fútbol sala tra-la disputa da terceira xornada de fútbol sala celebrada o fin de semana no pavillón da Pedra da Moa cos seguintes resultados:

ATL.FEIJOO 6-2 RAMIRÁS FS.

SANGUÑEDO FS. 5-4 AXA CELANOVA GESTIÓN FS.

CAFÉ AMÉRICA F.S. 2-8 CAFÉ BAR O LATAS.

BAR O QUE FALTABA 2-2 A.P. RAMÓN SAETA.

PUB PK2  3-6 CAFETRIA LONDRES.

clasificacion local fs

Imprimir

Empate en Velle do Sporting Celanova 0-0.

O Sporting Celanova empatou a 0-0 no seu desplazamiento a Velle, nun encontro complicado para os dous equipos debido a súa situación nos postos baixos da taboa. Iste nerviosismo fixo que o fútbol fora pouco vistoso, pero pola contra o Sporting amosouse moi compacto e sin cometer erros, a espera da súa oportunidade que chegaría nos minutos finais nas botas de Pulpi e Alberto. Resultado non malo para os interses celanovenses e que lle permite seguir escalando na loita por afastarse dos postos de descenso.10665902 1493498504229065 2055860385784624032 n

Imprimir

Trepidante mes de Octubre para o Pato Blanco.

Comenza a temporada de outono o Pato Blanco con proliferación de probas no calendario galego e internacional,  moitas de elas das mais prestixiosas. É como non podía ser de outro xeito os compoñentes do Pato Blanco multiplicaronse para estar presente nun bo número de elas e en puntos mui distantes. Dende o viaxe a Budapest para correr o maratón da cidade e de paso coñecer e deixar algúnha que outra mostra do paso da xente de Celanova por alí, as medias maratóns de Oporto e Pontevedra, así como a popular galega por escelencia, coa San Martiño, a Pedestre de Santiago, onde como ven sendo avitual dende xa fai moitos anos deixan a sua impronta no final da praza do Obradoiro. Entre medias houbo tempo para apoiar as populares Menos mediáticas dos pobos pequenos como a proba de Monterrey. Un gran desplegue de ilusión e moitas horas de adestramentos  que a súa vez fan posible que o nome de Celanova viaxe polo mundo enteiro.foto pato blanco Santiago

Imprimir

O Pato Blanco na mítica proba da Behobia - San Sebastián.

Iste fin de semana celebrouse unha nova edición da proba vasca Behobia - San Sebastián, unha das probas mais míticas do calendario en ruta español e que reune na saída miles de personas para a súa disputa. E ata alá se desplazaron diversos miebehobia san sebastian pato blancombros do clube Pato Blanco de Celanova para disputar unha proba na que as altas temperaturas que estamos a padecer nunha época na que non corresponde, fixo que se multiplicara a súa dureza e que os preto de 20 Km. no que se desenvolve a proba se convertiran nunha auténtica odisea para moitos dos participantes. Ata o punto de que cabe lamentar o falecemento dun corredor ao cruzar a linea de meta e o ingreso hospitalario de perto de unha ducia de participantes. Destacar que todos os participantes do clube remataron a proba sin ningún tipo de problemas.

Imprimir

O Pato Blanco na San Mamede 2015

O Pato Blanco estivo representado no desafío solidario San Mamede 2015 que se disputou sobre 21 km de moito sufrimento que gañou o atleta Elpidio Gomez, 2:26:28 e Fernando Alvarez García  foi o primeiro representante do Pato Blanco cun tempo de 3:09:00 no posto 15.CFPJDRDW8AAwVA6.jpg large

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.