Dende hoxe queda aberto o prazo de inscripción da xa coñecida CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA para a súa edición do 2017, que se celebrará o Sábado 24 de Xuño polas ruas da Vila que leva o seu nome, cun percorrido de 7,8 Km na categoría de adultos, 1,6 Km en categoría Cadete e Infantil, 1 Km en Alevíns, 500 m en Benxamín e Pre-Benxamín, e 100 m na entrañable carreira de Pitufos. A inscripción pódese facer no Pavillón Municipal Pedra Da Moa ou on-line na páxina www.championchipnorte.com .
E. D. C. Celanova, Mestre Vide, Tropaxe Meuda, E. D. Ourense, Ourense C. F., Pazo Tizón Carballiño, Ribeiro C. F. e C. D. La Purísima foron os participantes que disputaron o torneo en Categoría Prebenxamín.
Bo ambiente e boa convivencia foron os aspectos que reinaron no día do Sábado nos dous Pavillóns da vila de Celanova.
Acadaría o título o Ourense C. F. nunha disputada final ante a E. D. Ourense, lograría o triunfo na tanda de penaltis logo de acadar un empate a dous goles no tempo reglamentario.
O terceiro clasificado sería o C. D. La Purísima, despois de gañarlle a E. D. C. Celanova no partido por o terceiro e cuarto posto por catro goles a cero.
Dende as Escolas Deportivas do Concello de Celanova queremos agradecer a tódolos equipos a súa participación e colaboración.

O martes 22 de Decembro celebrouse o primeiro festival de Nadal das escolas deportivas do Concello de Celanova. O festival o que estaban invitados todos os nenos-as do pobo, ademais dos que desenrolan as actividades durante o curso, desenrolouse no pavillón da Pedra da Moa dende as 17:00 as 21:45. O evento estivo dividido en dúas partes, unha primeira que consistiu nunha gran festa de hinchables que de maneira gratuita puideron disfrutar todos os nenos dende as 17:00 as 20:00 horas. Para posteriormente a partir das 20:00 e ata as 21:45 h., unha pequena gala de presentación de todos os grupos que compoñen o clube das Escolas Deportivas do Concello de Celanova. A gala que conduciron de maneira sobervia David Sotelo e Xenerosa Reza consititiu en que foran desfilando un por un todos os rapaces dos distintos grupos que compoñen as escolas, os cales se lle fixo entrega dun agasallo, que consistiu nun calendario do novo ano con fotos dos equipos e eventos que desenrola a escola durante a temporada. Así mesmo o paiaso Peter Punk puxo a nota de humor con distintas actuacións.