O sabado 22 de Decembro celebrouse dende as 16:30 da tarde ata as 20:00 horas unha nova edición do torneo Biberón Vila de Celanova 2014 que da inicio as actividades que dende as Escolas Deportivas do Concello teñen preparadas para os xovens deportistas da nosa terra para celebrar as festas do Nadal sin perder a perspectiva do deporte. O torneo no que participaron preto de 100 nenos de 5 e 6 anos tiña caracter non competitivo, toda vez que non se contabilizaban os resultados no marcador e non había clasificación. E por outra banda tamén era a primeira esperiencia dos deportistas mais cativos da escola de fútbol e fútbol sala que afrontaban a súa primeira experiencia nun partido real e con público. O desarrollo do campeonato foi xogar todos contra todos en dous campos que se habilitaron ao ancho do Pavillón da Pedra da Moa. A verdade  que foi unha gozada ver como daban as primeiras patadas a un balón istes fútbolistas do futuro e sobre todo o ambiente de ledicia e emoción que se respiraba entre os mais pequenos, respaldados como non en masa polos seus pais e familiares

DSC 0106DSC 0826DSC 0214

DSC 0193DSC 0518

DSC 0852

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.