O martes 22 de Decembro celebrouse o primeiro festival de Nadal das escolas deportivas do Concello de Celanova. O festival o que estaban invitados todos os nenos-as do pobo, ademais dos que desenrolan as actividades durante o curso, desenrolouse no pavillón da Pedra da Moa dende as 17:00 as 21:45. O evento estivo dividido en dúas partes, unha primeira que consistiu nunha gran festa de hinchables que de maneira gratuita puideron disfrutar todos os nenos dende as 17:00 as 20:00 horas. Para posteriormente a partir das 20:00 e ata as 21:45 h., unha pequena gala de presentación de todos os grupos que compoñen o clube das Escolas Deportivas do Concello de Celanova. A gala que conduciron de maneira sobervia David Sotelo e Xenerosa Reza consititiu en que foran desfilando un por un todos os rapaces dos distintos grupos que compoñen as escolas, os cales se lle fixo entrega dun agasallo, que consistiu nun calendario do novo ano con fotos dos equipos e eventos que desenrola a escola durante a temporada. Así mesmo o pai
aso Peter Punk puxo a nota de humor con distintas actuacións
.