Actualidade - Fútbol

Cara e Cruz nos partidos de fútbol 8 para os equipos Benxamín "A" e Alevín "B"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Despois de lograr a semana pasada a primeira victoria da tempada, o equipo do Benxamín "A" desprazábase este Domingo pola mañán para enfrontarse a un duro rival, como é o E. D. Ourense.

Comezaron mal o partido os de Celanova, posto que no minuto 3 xa perdían 1-0 con gol de Jose L. Sen case ningunha opción neste tramo de partido remataron a primeira metade con un resultado de 3-0 favorable ó equipo local.

Na reanudación do partido saíron os de Celanova un pouco máis enchufados, hata que nos minutos 35 e 40 chegaron dous novos goles, intentou reaccionar o equipo con un tanto de Iker, pero xa no tramo final do encontro toparíanse con dous novos goles, deixando de esta maneira un resultado de 7-1 para o cadro local. Ver ficha do partido.2CS 5176

Agardamos un novo fin de semana, para recibir desta vez ó lider da competición, o Pabellón C. F.

 

 

Por outra parte o Alevín "B" da E. D. C. Celanova desprazábase ó campo do Polígono. Contaba con moitas baixas o equipo de David Sotelo, polo que viaxaban 4 xogadores do Benxamín "A" ( IAGO, JOSE, H. PEREIRA E IKER ).2CS 5305

O equipo logrou unha amplia victoria, chegando ó descanso co marcador 0-4. Na segunda parte o equipo local logrou meter un gol, pero non foi suficiente para evitar que os de Celanova se fixesen co partido, xa que lograron 7 goles máis nesta segunda metade do encontro. Ó final victoria amplia do equipo visitante, que a vindeira semana tocaralle descansar.Ver ficha de partido.

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.