Actualidade - Fútbol

Duelos mui axustados ca ED.Barbadas no Benxamín-B e no Alevín-A

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

20141122 112735EDC.CELANOVA (Benxamin B)O sabado pola mañá a xornada de fútbol-8 deparaba un doble duelo entre a EDC.CELANOVA e a EDC.Barbadas nas categorías alevín e benxamín. A verdade e que os dous partidos estuveron mui igualados tanto nos resultados como no xogo. Comenzaban os mais pequenos do benxamín de primeiro ano, o partido rematou con empate 3-3 logo de moitas alternativas no marcador. Empezarían gañando os visitante 0-1 Hugo min.4, para empatar Mauro Mociño para os locais min.9. Voltaría adiantar Pablo 1-2 min.28 ao Barbadas, para en cinco minutos trepidantes primeiro Carlos Rodriguez min.29 e o seu irmán Adan Rodriguez no min.32 coller unha ventaxa para os locais que pouco duraría, xa que inmediatamente Martín min.33 poría o 3-3 para o Barbadas. Ainda no último minuto de partido Carlos Rodriguez tivo a oportunidade de marcar o gol definitivo nunha gran xogada que finalizou cunha gran parada do porteiro David Ferreiro para deixar o empate final no marcador.Ficha partido.

 

No segundo partido da mañá en San Rosendo a tónica foi mui similar entre os dous alevíns de último ano, ainda que o resultado final foi de 1-2 favorable aos visitantes do Barbadas. O partido foi mui parexo, con moito mais control do balón por parte da EDC.Celanova que conseguía impoteñer un fútbol moito mais combinativo diante do partido mais físicoque propuñan os visitante. Así e todo eran contadas as ocasións pora calquera dos dous bandos, sendo no segundo tempo cando xa o cansancio e a pesadez do campo comenzaba a facer mella nos xogadores cando aparecerian as ocasions. Primeiro sería Mauro Dorado o que tería a oportunidade de adiantar ao Celanova, para a continuación en dous tiros lexanos ser o Barbadas o que tería a posibilidade de adiantar aos visitantes con dous tiros o poste eo largueiro.  E sería Axel Rodriguez o que o min.36 adiantaría aos visitantes co lanzamento dun libre directo mui discutido tras pitarlle unha man ao porteiro local nun saque de meta. O Celanova a pesar dun gol que no facía xusticia ao acontecido no camponon lle perdería a cara o partido e catro minutos para o final sería Martín Perez o que conseguiría empatar no rechace de un corner. Pero o partido ainda tería un último episodio por escribir xa que no último minuto sería Juan Muiños o que poría o 1-2 final para o Barbadas. Nun encontro no que o alevín-A mereceu por xogo un mellor resultado. Ficha 20141122 120605partido.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.