Actualidade - Fútbol

Imprimir

Dúas derrotas para os dous equipos Benxamíns da E. D. C. Celanova

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" perdía desta vez no seu enfrontamento contra a S. D. C. Arrabaldo por 4 goles a 2.

Tiveron un mal inicio os pupilos de Rubén Carballo, posto que no minuto 14 xa perdían por 3 -0. Xusto antes do descanos do encontro lograron recortar distancias gracias a un gol de Jesús.

Igual que na primeira metade, ó inicio da segunda encaixaron un novo tanto, ó cal responderon 4 minutos depois con gol de Adrián. Os minutos pasaban e os cativos da E. D. C. Celanova non eran quen de acadar máis goles, co que se chegou o final do partido con resultado de 4-2 favorable a S. D. C. Arrabaldo.

Para a vindeira semana recibirán na casa a A. D. Bosco. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

O Benxamín "A" disputaba o seu encontro no Municipal de San Rosendo, o Sábado pola mañán, contra o lider da categoría, o Pabellón C. F. Poucas opcións tiveron os da Vila, xa que no minuto 5 perdían por 0 goles a 4, intentaron reaccionar con gol de Iker no minuto 7, pero a partires de ahí hata o descanso encaixaron 4 novos goles. Sen opcións na segunda metade do encontro e con 3 novos goles encaixados rematou o partido disputado ante un gran rival.

Para a semana viaxarán para visitar ó Monforte. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

 CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 72

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.