Actualidade - Fútbol

Imprimir

UNHA DERROTA E UN EMPATE NOS PARTIDOS DO BENXAMÍN "B" E BANXAMÍN "A"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Na mañán do Sábado recibía o Benxamín "B" a A .D. Bosco.

Comenzaron algo frouxos os xogadores do equipo local, xa que no minuto 9 perdían por dous goles a cero, o primeiro obra de Javier Antonio e o segundo de Xavier. Intentaron reacciionar os pupilos de Rubén Carballo, e antes do descanso conseguían reducir a distancia no marcador gracias a un gol de Mauro.

Seguiría o partido igual na segunda metade hata o tramo final, nos últimos 15 minutos, onde o equipo da A. D. Bosco lograba un novo tanto, Bruno, os xogadores locais intentárono dunha e doutra maneira, pero só conseguiron anotar un novo gol no último minuto de partido. Mauro de novo, deixaba o marcador final 2-3. Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

O outro euquipo Benxamín da escola, xogaba en Monforte fronte ó C. P. Calasancio, partido disputado tamén na mañán do Sábado.

Bonito encontro o que disputaron estes dous equipos no que o resultado final foi de 4-4.

Comenzaron adiantándose no marcador os da E. D. C. Celanova con un gol de Iago no minuto 20 de partido, e no último minuto da primeira metade empataban os locais con gol de Daniel. Seguía a emoción no partido, e máis nesta segunda metade, no minuto 36 Iker volvía por por diante no marcador os visitantes con un bonito gol, e a falta de 4 minutos para o final e gañando 1-2, comenzou o baile de goles. Empataba o partido David, e na seguinte xogada e a falta de dous minutos para o remate, Iago conseguía un formidable gol, (2-3). No saque de centro e nunha xogada moi discutida e dudosa conseguían empatar de novo os locais, Daniel (3-3). Un minuto para o final do encontro e o marcador reflexaba empte a treses.Novo saque de centro, e nun erro defensivo do equipo visitante o C. P. Calsancio conseguía por o marcador o seu favor, con gol de Sandro, (4-3). Non quedaba tempo para máis, e cando xa o árbitro ía pitar o final do partido produciuse unha falta ó borde do área do equipo local, era a derradeira oportunidade, e Iago non perdoou, gol e final do encontro. 4-4 e bo partido do Benxamín "A". Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.