Actualidade - Fútbol

Imprimir

VICTORIA E DERROTA PARA OS ALEVÍNS DA E. D. C. CELANOVA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Tiña un encontro complicado o Alevín "B" diante das E. D. Concello Barbadás.

Partiod moi disputado e onde os dous equipos se mostraban moito respeto, con ocasións de gol e prácticamente sen case ningún do dous equipos cometendo erros. Con 0-0 chegouse ó descanso, e os 8 minutos da reanudación conseguía abrir o marcador o xogador local Rayco. Pasaban os minutos e había que lograr outro gol para ter tranquilidade , e a falta de tres minutos para o remate do encontro, conseguiríao Ángel. 2-0 ó final e bo partido do Alevín "B". Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.

Na tarde do Venres adiantábase o partido do Alevín "A" contra o Antela C. F. Case sen tempo para reaccionar, os xogadores da E. D. C. Celanova víronse con un gol en contra nos primeiros minutos de partido, obra de David. A partires dese momento asentáronse mellor no terreo de xogo e lograron emptar por medio de César no minuto 15, con resultado de 1-1 chegouse ó descanso. Ó igual que na primeira metade volveron encaixar de maneira moi rápida os locais, pero desta vez por partida dobre, 1-2 David, e 1-3 David Enríquez. Con tempo por diante para intentar remontar intentárono os locais, pero non foi posible. ó final 1-3 favorable ó Antela C. F. Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.20141122 120605

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.