Actualidade - Fútbol

Imprimir

TRES PARTIDOS EN DOMINGO E UN O SÁBADO NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Domingo pola mañán haberá novamente fútbol no Municipal de San Rosendo.

Comenzará o equipo do Benxamín "A", quen recibe ó Verín a partires das 11:30 h. Será un partido moi disputado entre dous equipos os cales só separan 5 puntos na táboa clasificatoria.

Posteriormente, as 12:30 h, xogará o Benxamín "B", encontro moi dificil ante un duro rival da categoría, como é o Velle "B".

En canto a desprazamentos se refire, os dous equipos Alevíns viaxarán esta fin de semana. O Alevín "B" visitará ó Ribeiro, tamén na mañán do Domingo, no que sepresenta ser un partido atractivo entre dous equipos moi parexos, e os que tan só dous puntos os separan na clasificación.

Por outro lado o Alevín "A" xogará como visitante fronte ó Pabellón C. F., partido difícil na casa do terceiro clasificado da liga. Este encontro disputarase dende as 10:00 h da mañán do Sábado.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 35

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.