Actualidade - Fútbol

Imprimir

3 NOVAS DERROTAS NO F-8 NOS PARTIDOS DISPUTADOS O DOMINGO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Dura fin de semana na sección de Fútbol 8 para a E. D. C. Celanova.

Dúas das derrotas producíronse como locais,  e a outra protagonizouna o Alevín "B" como visitante.

Os máis cativos, o Benxamín "B", perdía o seu enfrontamento ante o Velle "B".

Partido que se disputaba no Municipal de San Rosendo, dende as 12:30 h da mañán do Domingo. Moi rápido se puxo por diante o cadro visitante, que no minuto 13 xa gañaba por dous goloes a cero. Recortaba distancias no 17 Jesús, e co marcador de 1-2 chegábase ó tempo de descanso.

De novo, como xa pasara na primeira metade, o inicio da segunda parte non foi bo, e nos dez primeiros minutos o Benxamín "B" encaixou tres novos goles e ahí rematou practicamente o partido. Resultado final de 1-5 para que o Velle "B" sumase tres novos puntos. Ficha de partido. Ver Clasificación e resultados.

Unha hora antes daba comezo o partido que enfrentaría ó Benxamín "A" ante o Verín.

Logo de facer un bo papel no último encontro, o equipo local caería derrotado por tres goles a cero.

Encaixarían o primeiro tanto no minuto 12, e así chegouse ó descanso. Con moito tempo por diante e creando ocasións de gol, os 5 minutos da segunda metade recibían o segunto tanto, e inmediatamente despois o terceiro. Gañas e pundonor, pero non puido ser e victoria clara para o Verín.

Ficha de partido. Ver Calsificación e resultados.

Desprazábase o Alevín "B" a Ribadabia para xogar ante o Ribeiro C. F.

Chegaron tarde ó partido os da Vila de Celanova, xa que os 5 minutos perdían por un contundente 3-0. Apartires de ahí foron entrando pouco a pouco no encontro e lograron ir ó tempo de descanso con un resultado de 3-2 con goles de Ángel e Adrián.

Na segunda metade chegou a emoción ó final do encontro, xa que a falta de 4 minutos para o remate, Mauro lograba empatar, (3-3), ó transformar un penalti, pero inda non remataría ahí, e na derradeira xogada a fortuna fixo que o Ribeiro C. F. conseguise o seu cuarto tanto. Final e derrota por 4-3.

Ver ficha de partido. Ver Clasificación e resultados.ffc47c4b9f2ef08034b0f783dfd55242

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.