Actualidade - Fútbol

BOA XORNADA NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Comenzaba perdendo o Benxamín "B" no seu encontro disputado en Carballiño.

No último minuto da primeira metade encaixaban o gol en contra. Na reanudación trocou o partido, e os 5 minutos desta marcaba Antón o que sería o empate a uns. A falta de 10 minutos para o final, Carlos lograba darlle a volta ó resultado, 1-2, e xa no tramo final Pablo puña o definitivo 1-3. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Poucas opcións tivo o equipo do Benxamín "A" no seu encontro. Os 8 minutos xa perdían por dous goles a cero, aguantaron ese resultado hata o tramo final do encontro, pero en 8 minutos fatídicos encaixaban tres novos goles. Final e victoria para o Antela. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Victoria clara do Alevín "B" en Xinzo. Adiantou Mauro os da E. D. C. Celanova no minuto 18, para que tres minutos despois lograse o empate Alejandro Blanco, pero no último minuto da primeira parte, Mauro, de novo, puña no marcador o 1-2. Ó comenzo do segundo tempo novo gol dos da E. D. C. Celanova, Angel lograba o 1-3, e a falta de 15 minutos para o remate, outra vez Mauro, firmaba o que sería o 1-4 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Emocionante partido o que disputaba o Alevín "A" diante do Verín.

Adiantouse o equipo visitante, de penalti, no minuto 8 de encontro, pero antes do descanso Mauro puña as tablas no marcador. Ós catro minutos da reanudación volvía adiantarse o Verín e rapidamente Martín puña de novo o empate, 2-2. Por terceira vez no partido púñase por diante o equipo visitante, e a falta de 9 minutos para o final, Miguel, empataba de novo o encontro logo de transformar un penalti. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados. 2CS 5176

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.