Actualidade - Fútbol

UNHA ÚNICA VICTORIA NA SECCIÓN DE F-8 NESTA FIN DE SEMANA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Partido complicado o que tiñan os rapaces da E. D. C. Celanova do Benxamín "B" ante o C. D. La Purísima. Así foi que ó tempo de descanso chegaron con un contundente 0-5, resultado ante o que non tiveron opción, e xa os dous minutos do comenzo da segunda metade recibiron o sexto tanto. Dende ese intre xa non houbo máis partido ante un rival superior. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O Benxamín "A" tiña un dificil desplazamento ante o terceiro clasificado da liga, o Ourense C. F. Comenzaron moi ben os de Celanova, aguantando todos os ataques dos locais, e lograron chegar ó descanso con resultado de 0-0. Xa na segunda metade lograron os da capital o 1-0, e tres minutos máis tarde, Tomé tivo o empate nas súas botas, pero tirou desviado, non puido ser. Xa no tramo final dous goles máis dos locais e resultado de 3-0. Gran traballo do equipo Benxamín "A" e moi bon partido. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

A única victoria da Fin de semana no F-8 conseguía o Alevín "B", no seu encontro ante o Velle "C". Lograron adiantarse no marcador os de Celanova por medio de Ánxo Buitrago, e sen case opcións para o equipo visitante conseguían o segundo tanto, obra de Ismael. Victoria e tres novos puntos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Derrota do Alevín "A" na casa ante a ED Ourense, nun bo partido dos da vila de Celanova ante un gran rival. Con 0-3 rematou o encontro no que os rapaces do Alevín "A" plantaron cara a un dos rivais máis fortes da categoría. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.