Actualidade - Fútbol

NOVOS RESULTADOS NO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Partido complicado o que debían disputar os rapaces do Benxamín "B" ante o Ourense C. F. Chegaron ó descanso con resultado de 4-0, e namáis reanudar o encontro tres novos goles nos primeiros 10 minutos da segunda metade deixaron sen ningunha opción os de Celanova, e xa, no tramo final dous novos tantos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

1-6 sería o resultado que deixaría o encontro disputado entre o Benxamín "A" e a E. D. Concello de Bardadás. O tanto local foi obra de Iker no tramo final da segunda metade. Xa toca pensar no seguinte partido. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O Alevín "B" viaxaba hata Arrabaldo onde gañaría o seu partido por un resultado de 1-3. Adiantaba Rayco ó Alevín "B" no minuto 7, e no 17 empataban os locais. A falta de dous minutos para o descanso, Mauro, volvía adiantar os visitantes, e no minuto 7 da segunda metade, Anxo Álvarez puña o 1-3 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141122 112735

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.