Actualidade - Fútbol

FIN DE SEMANA FRIO E CON BOS RESULTADOS NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Gran victoria do Benxamín "B" diante do Ribeiro Fútbol Club na tarde do Venres por 8 goles a 2. Comenzaron cedo os de Celanova adiantándose no marcador, xa que no primeir minuto de partiddo, Pablo puña o 1-0, e tres minutos mási tarde, Mauro facía o 2-0. Recortaba distancias o Ribeiro, pero de novo Pablo, e por dúas veces Mauro, colocaban o 5-1 antes do tempo de descanso. Xa na segunda metade, Xian, Adrián e Ángel lograban tres novos goles, por un de Álvaro Dantas para ó Ribeiro. Bo resultado para o equipo do Benxamín "B". Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Derrota do Benxamín "A" na tarde do Sábado en Santa Cruz de Arrabaldo. Os de Celanova foron quen de aguantar o primeir tempo sen encaixar ningún tanto, pero xa na segunda metade encaixaron 2 goles nos dez primeiros minutos, e outros dous goles nos últimos nove minutos do encontro. A pesares do resultado o equipo deixou unha boa imaxe. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Trepidante encontro o que disputaron o Alevín "B" da E. D. C. Celanova e o Allriz. Adiantaba os locais Mauro no minuto 20 e dous minutos mási tarde, Anxo Buitrago conseguí o 2-0 para así chegar ó descanso. Xa na reanudación, os 5 minutos lograba o Allariz o seu primeir tanto, e cinco minutos depois o empate, un minuto loco e novo gol do Allariz, que lograba así darlle a volta ó encontro e porse 2-3. Aínda non estaba todo decidido, cando a falta de dous minutos para o remate, Mauro, conseguía un novo tanto para por o 3-3 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Na mañán do Domingo viaxaba o Alevín "A" para levar a cabo o seu partido ante o Pabellón Promesas no campo Miguel Ángel de Os Remedios.

Comenzaron adiantándose os locais no minuto 10 por medio de Samuel. Xa no segundo tempo José Miguel consegía o empate. Numan F., tres minutos máis tarde puña o 2-1, e un minuto despois, Martín, lograba o tanto que deixaría definitivamente o partido en empate a dous tantos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 2CS 5305

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.