Actualidade - Fútbol

Imprimir

Ó ALEVÍN "B" LOGRA A ÚNICA VICTORIA DO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Dura derrota do Benxamín "B" ante o Verín. Apenas ían 10 minutos de encontro e xa perdían os da E. D. C. Celanova por tres goles a cero, e no último tramo da primeira metade, outros tres novos goles antes do descanso. O comenzo do segundo tempo non foi mellor, e encaixaron outro tres goles por tan só un que logrou Carlos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por 0 goles a 6 sería o resultado co que remataría o encontro que xogaban o Benxamín "A" e o Pabellón Promesas. Xa no minuto 15 perdían por 0-3 e a falta de un minuto para o descanso encaixarían novamente. Unha pequena melloría na segunda metade ixo que só encaixasen 2 novos goles a falta de cinco minutos para o remate do partido. Ver ficha de Partido. Ver clasificación e resultados.

A única victoria do F8 lograríaa o Alevín "B" no Municipal de Oira ante o Ourense C. F. Púñanse por diante os visitantes, de maneira que no minuto 13 Rayco xa conseguira 2 tantos, en 10 minutos lograban empatar os locais para chegar ó descanso co marcador 2-2. Moi disputada foi a segunda metade, e a falta de 2 minutos para a finalización aparecería novamente Rayco para facer o seu hat trick e darlle a victoria os da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por contra, o Alevín "A" caia derrotado por 0 goles a 4 diante do Calasancio. Un gol no minuto 2 de encontro complicaba xa moito a situación, e no minuto 15 novamente volveron encaixar. Con ese resultado chegarían a falta de 7 minutos para a finalización, e en dous minutos dous novos goles. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 35

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.