Actualidade - Fútbol

DERROTA, EMPATE E VICTORIA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Protagonizaba a derrota o Benxamín "B" ante o Antela "B". Moi pouco puideron facer os de Celanova ante un rival que foi superior en todo momento, 0-7 foi o resultado final. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Sería o Benxamín "A" o que conseguiría empatar na casa do Santa Teresita. Lograban porse por diante os visitantes 0-2, con goles de Iker e Iago, a falta de 14 minutos para o remate do encontro, pero non foron quen de conservar a vantaxe obtida. Primeiramente Carlos, e logo César a falta de 5 minutos para o remate, serían quenes lograrían os dous tantos para empatar o encontro. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

6-3 sería o resultado que acadaría o Alevín "A" ante o C. D. Arenteiro. Adiantaba César no minuto 12 ós da E. D. C. Celanova para que tres minutos máis tarde chegase o empate co que se iría ó tempo de descanso. Ós cinco minutos da segunda metade, de novo César, puña o 2-1, pero inmediatamente empataban os visitantes, un minuto máis tarde, e por terceira vez, César conseguiría o terceiro tanto, logo Mauro por dúas veces e José Miguel serían os autores dos tres tantos restantes que darían a victoria ó cadro local. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.2CS 5176

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.