Actualidade - Fútbol

UNHA ÚNICA VICTORIA E TRES DERROTAS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" perdía por 4-1 ante o Pabellón. Pouco puideron facer os pupilos de Rubén Carballo que antes do descanso xa perdían por dous goles a cero. Logo da reanudación, un novo gol dos locais, e a falta de 7 minutos para o remate, Mauro puña o 3-1, pero 3 minutos máis tarde sentenciaría Joel con 4-1. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Nada puido facer o Benxamín "A" ante un dos equipos máis fortes da categoría, a ED Ourense. Hugo conseguiría o primeir gol no minuto 10 do encontro, para que posteriormente aparecese Victor e conseguise realizar un hat trick en apenas sete minutos. Xa na segunda metade tres novos goles dos visitantes nos últimos nove minutos do partido pecharían o marcador. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O dobre desprazamento dos dous Alevíns a Barbadás saldouse con unha derrota e unha victoria. Protagonizaba a victoria o Alevín "B", 0-2 sería o resultado final nun partido no que Rayco sería o protagonista ó conseguir os dous tantos dos visitantes. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por contra o Alevín "A" non sería quen de gañar, 2-0, e os dous tantos antes do descanso daríanlle a victoria ós locais. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.2CS 5299

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.