Actualidade - Fútbol

Imprimir

Victoria , empate e duas derrotas na xornada de futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Xornada de fútbol-8 o domingo, con catro partidos como local. Comenzaba o Benxamín-A cunha contundente victoria sobre o Allariz, nun encontro onde se mostrou superior dende o principio, e que lle valeu para cortar a racha de dúas derrotas da doble xornada do puente da Constitución. Resultado e clasificacións benxamín A e benxamín B. Ficha do encontro.

Posteriormente xogaría o seu encontro o Alevín-A, partido diante dun dos equipos importantes do grupo EDO Ourense( 4ºclasificado) e que de gañar deixariaos preto dos postos que dan acceso a campeonato galego. Empezarían mellor os celanovenses que con un gol de Mauro cobraban ventaxa e mostraban un mellor xogo, pero pouco a pouco a EDO.Ourense iriase metendo no partido ata conseguir poñerse por diante no marcador 1-2 con dous goles de Iker. Ao final de novo Mauro voltaría empatar para a EDC.Celanova, un resultado xustopara un bo partido. Resultado e clasificacions Alevín. Ficha do encontro.

As dúas derrotas virían a cargo dos Alevins-B e mais o Prebenxamín. Comenzaba o alevin-B diante da EDO.Ourense-B, nun dueo mui desigual, onde o gran potencial dos ourensans unido as baixas dos celanovenses propiciou un partido mui desequilibrado e de craro color visitante, onde os locais non foron competitivos en nigun momento. Resultado e clasificación alevin-B. Ficha encontro.

Pola súa parte o pebenxamín pechaba a xornada co Antela, un primeiro tempo mui competido 0-3 no marcador para os de Xinzo pero con moita intensidade polas dous equipos, deu lugar a un segundo tempo onde a EDC.Celanova tuvo un nivei competitivo moito menor 2-9 no marcador, sendo Andrea e Samuel goleadores celanovenses. Pondo final a unha semana un tanto agetreada e chea de emocions para os mais cativos da escola, coa disputa de duas xornadas de liga e o torneo de Nadal entre medias. Resultados e clasificacions alevins. Ficha encontro.

 

EDC CELANOVA 1 - EDC BARBADAS 5 46

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.