Actualidade - Fútbol

Non houbo paron para os benxamins e prebenxamin de fútbol-8.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

20141005 110205Benxamins e prebenxamins foron as únicas categorías de fútbol que non tiveron parón polos carnavales. O Benxamin- A adiantou o seu encontro ao Xoves, para xogar co Antela de Xinzo e gañar de forma clara 8-3, onde os limiaos penalizaron o ser de primeiro ano. Ficha do encontro benxamin-A. Mentres que o Venres pasaría o contrario no enfrentamento entre o noso Benxamin-B cos nenos da Purísima case que todos de segundo ano, nun partido onde os nenos da EDC.Celanova competiron a un gran nivel e solo no tramo final entregaron o encontro diate de un equipo un ano maior.Ficha do encontro Benxamín-B. Clasificación Benxamins.Tamén o venres o prebenxamín adiantaba o seu partido o Prebenxamín co Barbadas-B para conseguir a victoria por 7-3, nun encontro que estivo moi igualado e donde os celanovenses conseguiron distanciarse no tramo final. Ficha do encontro Pre-benxamins. Clasificación Pre-benxamins.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.