Actualidade - Fútbol

Imprimir

LIGA ALEVÍN DE FUTBOL-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Sábado as 11:00 disputou o Alevín "A" no "Anexo de San Rosendo" un apaixoante partido fronte o lider da competición, o Pabellón "A". As primeiras ocasións serían a cargo dos nosos rapaces, plantándose solos diante do porteiro visitante ata duas veces, pero non lograrían materializar as ocasións para adiantarse no marcador. Din no mundo do fútbol que "o que perdoa, paga", e así foi, o Pabellón adiantaríase no marcador ata o resultado de 0 a 3 co que iríamos o descanso. Xa na segunda parte o Pabellón encontrouse máis cómodo dentro do campo e levou o partido o seu terreo, onde conseguiu imporse o final por 2 goles a 6, resultado demasiado amplo para o que se viviu sobre o campo. Os goleadores do Celanova foron Adrián Mociño e Aitor.

Tocaríalle o turno o Alevín "B" as 16:00 no campo de "Os Carrís" fronte o Barbadás "B", onde os locais foron moi superiores durante todo o encontro, rematando con un rotundo 10 - 0. CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A" CLASIFICACIÓN ALEVÍN "B"

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.