Actualidade - Fútbol

TRES VICTORIAS E DÚAS DERROTAS NAS LIGAS DE FÚTBOL-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Xogaba o Domingo pola mañá o Alevín"A" o seu partido contra o Monforte. Non empezaría ven o partido, xa que o equipo visitante púñase 0-2 os 15 minutos, foi entonces cando os locais reaccionaron e acortaron diferencias de penalty que transformaría Mauro. Sería tamén Mauro o que poría o 2 a 2 xusto antes do descanso. Na segunda parte os nosos rapaces saldrían máis enchufados que na primeira e adiantariánse pronto no marcador, o que deixaría o equipo Monfortino tocado. Xa nos intres finais o Celanova volvería a marcar o 4 tanto ampliando a súa ventaxa, e Mikael atraparía un penalty para os locais no último suspiro do partido.

O Sábado pola mañá o Alevín "B" desplazaríase ata Rivadabia para xogar o fronte o Ribeiro. Un partido moi igualado onde os nosos rapaces conseguirían ir por diante no marcador antes do descanso con un gol de Hugo Pereira. Xa na segunda parte o equipo local apretaría e conseguiría marcar o gol do empate, pero foi nos últimos intres do encontro cando Iago transformaría o definitivo 1-2.

O Benxamín "A" e Benxamín "B" xogaron os seus encontros o Viernes pola tarde fronte os equipos de A Peroxa e Arrabaldo "B" respectivamente. Sendos partidos disputáronse nunhas condicións atmosféricas moi duras, o que ten o doble de valor para estes nenos. O Benxamín "A" sería amo e señor do encontro de principio a fin, os goles de Pablo e Mauro antes do descanso, xunto o de Álvaro e outro en propia porta porían o 4-0 final no marcador. 

O Benxamín "B" pola contra, caería fronte o Arrabaldo "B" nun partido moi igualado, onde o final se decantou hacia o lado dos visitantes polo seu poderío físico. O resultado final foi de 2-5 con goles de Bruno e Adán.

Os máis cativos da escola de fútbol viaxarían ata terras Ourensanas para xogar contra O Bosco ás 7 da tarde no colexio dos Salesianos. O partido comenzou con dominio dos nosos rapaces, que tiñan ocasións pero costaballe materializalas. O marcador abririao Raúl para os Celanovenses cun tiro cruzado despois dun corner, e con este chegaría o descanso. Xa na segunda parte o Bosco apretou nos primeiros compases e conseguiría o seu premio dandolle a volta o marcador. Os últimos 15 minutos sería un acoso e derribo do cuadro de San Rosendo, pero igual que na primeira parte non serían capaces de facer valer as ocasións, co que se chegaría o final do encontro co marcador de 1-2.

 

CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A"   CLASIFICACIÓN ALEVÍN "B"   CLASIFICACIÓN BENXAMÍNS   CLASIFICACIÓN PREBENXAMÍN

 

EDC CELANOVA 1 - UD OURENSE 4 12 DSC6977

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.