Actualidade - Fútbol

Os xogadores da EDC.Celanova, Mauro Dorado e Adrián Mociño finalizan a súa participación co RC.Celta de Vigo no Mundialito do Algarve.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20160326-WA0003Mauro Dorado e Adrián Mociño finalizaron a súa participación co RC.Celta de Vigo no torneo do mundialito no Algarve. Os dous xogadores celanovenses foron invitados polo clube olívico a participar co seu equipo alevín niste prestixioso torneo onde estiveron representados moitos dos grandes clubes mundiales como FC.Barceloa, Inter de Milán, Juventus, Liverpol, Borussia Dortmund, Oporto, América de México,. Gran experiencia para os dous xogadores da escola que poideron compartir campo e experiencias con multitud de nenos de distintas nacionalidades e equipos, e ainda que fose a través dos colores do RC.Celta tamén estar representada a Escola de Fútbol de Celanova niste prestixioso torneo. No que respecta a competición o RC.Celta proclamouse campeón de Grupo cedendo tan só un empate diante do Recreativo de Huelva. A partir de ahí afrontaron as eliminatorias polo título, conseguindo gañar 6-0 ao Novo Caceres en dezaseisavos e perdendo 1-3 co Cidade de Nervión en octavos de finai. Esta derrota apartounos da pelea polo título e meteounos na pelea polo posto 8 ao 16, donde gañaron 2-1 ao Sporting de Lisboa e 3-0 ao RC.Deportivo da Coruña, perdendo 1-0 o último partido diante o CF.Lanfaria. Destacar a importante participación dos nosos xogadores en todo-los encontros, e darlle a enhoraboa dende a escola por esta experiencia que a ben seguro lle quedará IMG-20160326-WA0000grabada toda súa vida.IMG-20160326-WA0002IMG-20160326-WA0007

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.