Actualidade - Fútbol

Catro partidos como visitantes no fútbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Tras o bo comezo de liga como locais de tódolos equipos de fútbol-8, este fin de semana tocaralles o turno de visitantes.

O Benxamín "A" viaxará ata terras Monfortinas para enfrontarse a un sempre duro rival coma o Calasancio. O partido dará comenzo as 11 da mañá e os nosos rapaces tratarán de continuar o bo comezo de liga, tras gañar a semana pasada o Pabellón Promesas por 5 a 3.

O Alevín "B" e o Benxamín "B" desprazaranse ata Xinzo de Limia para xogar os seus correspondentes partidos fronte o Antela F.C.. O Alevín "B", que ven de golear no seu inicio ligueiro xogará as 12:00 e inmediatamente despois, as 13:00, farán o mesmo os rapaces do Benxamín "B" que comezaron a sua andadura na liga cun empate a 6 goles nun trepidante partido.

O equipo do Prebenxamín viaxará ata Verín, onde xogarán o seu segundo partido de liga tras gañar contundentemente a pasada xornada o Calasancio "B".

Alevín Bprebenxamín benxamín bbenxamín a

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.