Actualidade - Fútbol

Segunda victoria consecutiva do Alevín "A" na liga

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Alevín "A" conseguiu a segunda victoria seguida nesta liga tras derrotar na casa por 5 goles a 1 o Ribeiro F.C..

O partido xa se puxo de cara nada máis comenzar, o primeiro disparo a porta convertiríase no 1 a 0, o gol sería obra de Iker con un tiro dende fora da area. A primeira parte non foi das mellores, e o Ribeiro tivo varias ocasións que acabaron nos paos, mentres que o Celanova sufría e non conseguía chegar a portería rival. Inda así o equipo fixo un gran esforzo e conseguiu manter o resultado de 1 a 0 ata o descanso.

A segunda parte xa sería outro cantar, o Alevín recuperou a intensidade e ritmo de xogo conseguindo 3 goles, marcados por Joel, Alba e Hugo Pereira, poñendo o 4 a 0 no marcador que casi daba por finalizado o partido. Nun despiste defensivo o Ribeiro conseguiría recortar distancias. E xa a piques de rematar, outra vez Hugo Pereira, poría o 5 - 1 definitivo no marcador.

Gran resultado conseguido, sen un gran xogo pero co máximo esforzo por parte de tódolos xogadores. NORABOA RAPACES!

Alevín A formacionAlevín-RibeiroAlevín-ribeiro 2alevín-ribeiro 3

 

CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A"    FICHA DO PARTIDO

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.