O Benxamín "A" consegue un empate moi traballado
Empate moi valioso o que se trouxo o Benxamín A de terras Monfortinas no seu partido fronte o C.F. Monforte.
Pintaba mal o partido na primeira parte cando o equipo local púñase 2 a 0 no marcador, pero os da EDC Celanova repuxéronse e conseguiron igualar forzas contra un correoso rival. Adrián, de falta, recortaría distancias co 2 -1 pouco antes do descanso.
Na segunda parte os de Celanova saliron a por todos, e conseguirían o seu premio co gol de Hugo, que poría o 2 - 2 no marcador. Este resultado xa non se movería, pero os nosos rapaces dispuxeron de varias ocasións para levarse o partido, como por exemplo outra falta de Adrián, un disparo de Iker ou un gol anulado a Bru.
O final táboas, un punto que deixa o Benxamín A con 4 na zona noble da taboa, e invictos na liga. NORABOA EQUIPO!
CLASIFICACIÓN BENXAMÍN A FICHA DO PARTIDO