Actualidade - Fútbol

O Benxamín "A" consegue un empate moi traballado

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Empate moi valioso o que se trouxo o Benxamín A de terras Monfortinas no seu partido fronte o C.F. Monforte.

Pintaba mal o partido na primeira parte cando o equipo local púñase 2 a 0 no marcador, pero os da EDC Celanova repuxéronse e conseguiron igualar forzas contra un correoso rival. Adrián, de falta, recortaría distancias co 2 -1  pouco antes do descanso.

Na segunda parte os de Celanova saliron a por todos, e conseguirían o seu premio co gol de Hugo, que poría o 2 - 2 no marcador. Este resultado xa non se movería, pero os nosos rapaces dispuxeron de varias ocasións para levarse o partido, como por exemplo outra falta de Adrián, un disparo de Iker ou un gol anulado a Bru. 

O final táboas, un punto que deixa o Benxamín A con 4 na zona noble da taboa, e invictos na liga. NORABOA EQUIPO!

CLASIFICACIÓN BENXAMÍN A   FICHA DO PARTIDO

benxamín a

Benxamín A - Monforte

benxamín A - Monforte 2

 

benxamín a - monforte 3

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.