Actualidade - Fútbol

O Prebenxamín volve victorioso de Verín

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Saída moi difícil a que lle esperaba o Prebenxamín este fin de semana, nada máis e nada menos que a Verín, para xogar contra unha das escolas máis fortes da liga e de Ourense. 

O partido foi moi igualado dende o primeiro minuto, pero o primero golpe sería a prol da EDC Celanova, que mediante unha carreira de Dani conseguiría por o 0 a 1 no marcador para seguir co trepidante partido, aínda que o Verín non perdería a cara do encontro e empataría rápido. Xa no ecuador da primeira metade, Raúl aproveita un rechaze na área para mandar o balón o fondo da rede, por o 1 a 2 e chegar o descanso.

O comezo da segunda metade, a primeira aproximación do Verín á area visitante producese unha falta, e os locais non desaproveitarían para por as taboas no marcador, 2 - 2. Acto seguido, nunha entrada pola banda izquierda, e tras varios rechazes a EDC Celanova consegue dar un pase atrás para que Aleksey, dende fora da area, consiga marcar un tremendo golazo e volver a por os blanquiazuis por diante. O marcador xa non se movería máis, pero seguiría sendo un portido moi bonito e disputado, onde os dous equipos empleáronse o máximo. O final 2 - 3 a favor do nosos Prebenxamín. NORABOA EQUIPO!

 

FICHA DO PARTIDO     CLASIFICACIÓN PREBENXAMÍN

 

PREBENXAMÍN - VERÍN 3  PREBENXAMÍN - VERÍN  PREBENXAMÍN - VERÍN 2

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.