Actualidade - Fútbol

Imprimir

UNHA ÚNICA VICTORIA NA SECCIÓN DE F-8 NESTA FIN DE SEMANA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Partido complicado o que tiñan os rapaces da E. D. C. Celanova do Benxamín "B" ante o C. D. La Purísima. Así foi que ó tempo de descanso chegaron con un contundente 0-5, resultado ante o que non tiveron opción, e xa os dous minutos do comenzo da segunda metade recibiron o sexto tanto. Dende ese intre xa non houbo máis partido ante un rival superior. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O Benxamín "A" tiña un dificil desplazamento ante o terceiro clasificado da liga, o Ourense C. F. Comenzaron moi ben os de Celanova, aguantando todos os ataques dos locais, e lograron chegar ó descanso con resultado de 0-0. Xa na segunda metade lograron os da capital o 1-0, e tres minutos máis tarde, Tomé tivo o empate nas súas botas, pero tirou desviado, non puido ser. Xa no tramo final dous goles máis dos locais e resultado de 3-0. Gran traballo do equipo Benxamín "A" e moi bon partido. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

A única victoria da Fin de semana no F-8 conseguía o Alevín "B", no seu encontro ante o Velle "C". Lograron adiantarse no marcador os de Celanova por medio de Ánxo Buitrago, e sen case opcións para o equipo visitante conseguían o segundo tanto, obra de Ismael. Victoria e tres novos puntos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Derrota do Alevín "A" na casa ante a ED Ourense, nun bo partido dos da vila de Celanova ante un gran rival. Con 0-3 rematou o encontro no que os rapaces do Alevín "A" plantaron cara a un dos rivais máis fortes da categoría. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

 

Imprimir

Victoria do alevín B e derrotas do Benxamin-B e alevín A na xornada de fútbol 8 no municipal.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 68Tres partidos de futbol 8 se disputaron no campo municipal durante a maña do sabado correspondentes as categorias de benxamín B, Alevín-B e Alevin-A.Comenzou a xornada co enfrentamento entre as 10:30 entre a EDC.CELANOVA 2-0 CD.Velle Os goles do equipo local foron marcados por Anxo Buitrago e Ismael, nun partido donde os locais tiveron en todo momento controlado o partido. Ver ficha do partido.

As 11:30 tocarialle o turno os rapaces do Benxamín-B en iste caso diante da Purísimaun dos equipos fortes da competición caindo derrotados por un amplio 0-6. O partido decantouse mui rápido a favor dos visitantes xa que os 10 min. de xogo xa gañaban 0-3 mentres ao descanso era 0-5 o que reflectia o marcador. Na segunda metade os xogadores da EDC. estiveron nun nivei competitivo mais alto e conseguiron igualar a desventaxa fisica son respecto ao rivai con mais intensidade e entrega o cal xunto con que iles se acomodaron un pouco fixo unha segunda metade moito mais competitiva para rematar no 0-6 final. Ver ficha do encontro.

E remataba a xornada o alevin-A diante da EDO Ourense, caíndo tamèn derrotado por un contundente 0-3. Nun encontro que xa collía color visitante na primeira xogada do partido para chegar 0-2 ao descanso e no que os xogadores da EDC.  non estiveron especialmente acertados, cuallando un dos peores partidos da tempada na casa e sen xerar apenas ocasions de gol. Ver ficha do encontro.

Imprimir

TRES PARTIDOS COMO LOCAIS E UN DE VISITANTE NO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Abrirá o telón o Sábado a mañán o Alevín "B", as 10:30 h, que se enfronta ó C. D. Velle "C", un partido que a priori se asemella igualdo.

A continuación, as 11:30 h, disputará o seu partido o Benxamín "B" da E. D. C. Celanova ante o C. D. La Purísima, equipo ante o que na primeira volta non logrou gañar.

Unha hora despois, as 12:30 h, o Alevín "A" xoga anta a EDO Ourense, partido no que os de Celanova intentarán lograr tres novos puntos para escalar na clasificación.

Por contra o único desprazamento realizarao o Benxamín "A", na tarde do Sábado para enfrontarse ó Ourense C. F., a partires das 17:00 h, no que será un dificil encontro ante o terceir clasificado da liga. EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Imprimir

Bo apartido do alevín-B en Verín a pesar da derrota 3-1.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Bo partido do alevín-B que se desplazaba a Verín para enfrentarse o lider da categoría. O partido foi mui igualado en todo momento, ainda que era o Verín quen levaba o peso do partido non foi quen de adiantarse ata mui o final do primeiro tempo cun gol de Aitor. Lonxe de virse abaixo, xa o principio do segundo tempo era Brais Pereira quen consiguia o empate para a EDC.CELANOVA. Pero sería Daniel por dúas veces, unha pouco despoixa do empate e a outro xa o final do encontro quen poría o 3-1 no marcador que non desmerece en nada o gran partido feiro polos nosos xogadores. Ver ficha partido. Ver resultados e clasificacions. 20141108 163342

Imprimir

Segunda victoria consecutiva do Bexamin-b diante do Allariz 2-1

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20141203-WA0011O Benxamín-B da EDC.Celanova acadou o sabado a mañá no campo municipal encadear dúas victorias consecutivas por primeira vez na temporada diante do Allariz. O partido foi mui competido como di o axustado do resultado 2-1, na primeira metade os rapaces dirixidos por Rubén Carballo fixeron un partido moi completo, a nivel defensivo o equipo non tivo fisuras, mostrandose moi compacto en todo momento o que fixo que o Allariz non fora quen de facerlle tan sequera unh ocasiónde gol. Mentres a nivel ofensivo o equipo era capaz de combinar e chegar con relativa claridad a zonas da area contraria. Así chegaría o primeiro gol de Xian o finalizar unha gran internada súa dende o laterai dereito, mentres que Pablo pouco antes do descanso poría o 2-0 no marcador despoixa dunha gran contra moi ben levada por Mauro. Co 2-0 chegariase o remate da primeira metade. Na segunda envarullouse muito o xogo, cunha gran proliferación de faltas o cal fixo que o partido non dera collido ritmo de xogo en ningún momento. O Allariz tratou de empuxar un pouco mais e conseguiu acadar un par de ocasions antes do gol xa no último minuto de partido. Polo que respecta o Celanova tivo un par de contras para sentenciar o partido pero o final malas eleccions no último pase fixo que non culminaran, mantendo a incertidumbre ata o final.Destacar o bo partido de todos os compoñentes do equipo pero en especial de Xian. Ver ficha do partido. Ver resultados e clasificacions.

Imprimir

BOA XORNADA NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Comenzaba perdendo o Benxamín "B" no seu encontro disputado en Carballiño.

No último minuto da primeira metade encaixaban o gol en contra. Na reanudación trocou o partido, e os 5 minutos desta marcaba Antón o que sería o empate a uns. A falta de 10 minutos para o final, Carlos lograba darlle a volta ó resultado, 1-2, e xa no tramo final Pablo puña o definitivo 1-3. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Poucas opcións tivo o equipo do Benxamín "A" no seu encontro. Os 8 minutos xa perdían por dous goles a cero, aguantaron ese resultado hata o tramo final do encontro, pero en 8 minutos fatídicos encaixaban tres novos goles. Final e victoria para o Antela. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Victoria clara do Alevín "B" en Xinzo. Adiantou Mauro os da E. D. C. Celanova no minuto 18, para que tres minutos despois lograse o empate Alejandro Blanco, pero no último minuto da primeira parte, Mauro, de novo, puña no marcador o 1-2. Ó comenzo do segundo tempo novo gol dos da E. D. C. Celanova, Angel lograba o 1-3, e a falta de 15 minutos para o remate, outra vez Mauro, firmaba o que sería o 1-4 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

Emocionante partido o que disputaba o Alevín "A" diante do Verín.

Adiantouse o equipo visitante, de penalti, no minuto 8 de encontro, pero antes do descanso Mauro puña as tablas no marcador. Ós catro minutos da reanudación volvía adiantarse o Verín e rapidamente Martín puña de novo o empate, 2-2. Por terceira vez no partido púñase por diante o equipo visitante, e a falta de 9 minutos para o final, Miguel, empataba de novo o encontro logo de transformar un penalti. Ver ficha de partido. Ver clasificación e Resultados. 2CS 5176

 

Imprimir

TRES DESPRAZAMENTOS DO F8 E UN PARTIDO COMO LOCAIS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Na tarde de hoxe Venres desprázanse os dous Benxamíns e o Alevín "B".

Viaxa o Benxamín "B" a Carballiño para dist¡putar o seu partido, a partires das 18:00 h, diante do Arenteiro "B".

Dous desprazamentos a Xinzo, o Benxamín "A" e o Alevín "B" enfróntanse ó Antela, os dous no campo da Moreira dende as 17:30 h. Dous partidos que se asemellan apaixoantes e que serán moi disputados.

Por último o Alevín "A" xogará diante do Verín na mañán do Sábado. Dende as 11:00 h os pupilos de David intentarán acadar unha victoria na competición de F 8.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 68

Imprimir

3 NOVAS DERROTAS NO F-8 NOS PARTIDOS DISPUTADOS O DOMINGO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Dura fin de semana na sección de Fútbol 8 para a E. D. C. Celanova.

Dúas das derrotas producíronse como locais,  e a outra protagonizouna o Alevín "B" como visitante.

Os máis cativos, o Benxamín "B", perdía o seu enfrontamento ante o Velle "B".

Partido que se disputaba no Municipal de San Rosendo, dende as 12:30 h da mañán do Domingo. Moi rápido se puxo por diante o cadro visitante, que no minuto 13 xa gañaba por dous goloes a cero. Recortaba distancias no 17 Jesús, e co marcador de 1-2 chegábase ó tempo de descanso.

De novo, como xa pasara na primeira metade, o inicio da segunda parte non foi bo, e nos dez primeiros minutos o Benxamín "B" encaixou tres novos goles e ahí rematou practicamente o partido. Resultado final de 1-5 para que o Velle "B" sumase tres novos puntos. Ficha de partido. Ver Clasificación e resultados.

Unha hora antes daba comezo o partido que enfrentaría ó Benxamín "A" ante o Verín.

Logo de facer un bo papel no último encontro, o equipo local caería derrotado por tres goles a cero.

Encaixarían o primeiro tanto no minuto 12, e así chegouse ó descanso. Con moito tempo por diante e creando ocasións de gol, os 5 minutos da segunda metade recibían o segunto tanto, e inmediatamente despois o terceiro. Gañas e pundonor, pero non puido ser e victoria clara para o Verín.

Ficha de partido. Ver Calsificación e resultados.

Desprazábase o Alevín "B" a Ribadabia para xogar ante o Ribeiro C. F.

Chegaron tarde ó partido os da Vila de Celanova, xa que os 5 minutos perdían por un contundente 3-0. Apartires de ahí foron entrando pouco a pouco no encontro e lograron ir ó tempo de descanso con un resultado de 3-2 con goles de Ángel e Adrián.

Na segunda metade chegou a emoción ó final do encontro, xa que a falta de 4 minutos para o remate, Mauro lograba empatar, (3-3), ó transformar un penalti, pero inda non remataría ahí, e na derradeira xogada a fortuna fixo que o Ribeiro C. F. conseguise o seu cuarto tanto. Final e derrota por 4-3.

Ver ficha de partido. Ver Clasificación e resultados.ffc47c4b9f2ef08034b0f783dfd55242

Imprimir

Buen encuentro a pesar de la derrota del Alevín-A en el Pabellón 4-1.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Derrota do Alevín nol campo dos Remedios diante o Pabellón-A segundo clasificado. Boa imaxen a pesar da derrota da EDC., o Pabellón adiantaríase no marcador 2-0, para recortar finalizando o primero periodo Lucas 1-2. Dous goles máis para os ourensans deixaría o 4-1 definitivo, entre medias Mauro nun par de ocasions e Lucas , ao que lle quitaron o 2-4 na raia de gol, tivieron a oportunidade de recortar distancias. Destacar o bo nivel de todo o equipo, en especial o portero  David que xogóo a segunda metade, así como Adrián e Mauro .DSC00810 - copia

Imprimir

TRES PARTIDOS EN DOMINGO E UN O SÁBADO NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Domingo pola mañán haberá novamente fútbol no Municipal de San Rosendo.

Comenzará o equipo do Benxamín "A", quen recibe ó Verín a partires das 11:30 h. Será un partido moi disputado entre dous equipos os cales só separan 5 puntos na táboa clasificatoria.

Posteriormente, as 12:30 h, xogará o Benxamín "B", encontro moi dificil ante un duro rival da categoría, como é o Velle "B".

En canto a desprazamentos se refire, os dous equipos Alevíns viaxarán esta fin de semana. O Alevín "B" visitará ó Ribeiro, tamén na mañán do Domingo, no que sepresenta ser un partido atractivo entre dous equipos moi parexos, e os que tan só dous puntos os separan na clasificación.

Por outro lado o Alevín "A" xogará como visitante fronte ó Pabellón C. F., partido difícil na casa do terceiro clasificado da liga. Este encontro disputarase dende as 10:00 h da mañán do Sábado.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 35

Imprimir

VICTORIA E DERROTA PARA OS ALEVÍNS DA E. D. C. CELANOVA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Tiña un encontro complicado o Alevín "B" diante das E. D. Concello Barbadás.

Partiod moi disputado e onde os dous equipos se mostraban moito respeto, con ocasións de gol e prácticamente sen case ningún do dous equipos cometendo erros. Con 0-0 chegouse ó descanso, e os 8 minutos da reanudación conseguía abrir o marcador o xogador local Rayco. Pasaban os minutos e había que lograr outro gol para ter tranquilidade , e a falta de tres minutos para o remate do encontro, conseguiríao Ángel. 2-0 ó final e bo partido do Alevín "B". Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.

Na tarde do Venres adiantábase o partido do Alevín "A" contra o Antela C. F. Case sen tempo para reaccionar, os xogadores da E. D. C. Celanova víronse con un gol en contra nos primeiros minutos de partido, obra de David. A partires dese momento asentáronse mellor no terreo de xogo e lograron emptar por medio de César no minuto 15, con resultado de 1-1 chegouse ó descanso. Ó igual que na primeira metade volveron encaixar de maneira moi rápida os locais, pero desta vez por partida dobre, 1-2 David, e 1-3 David Enríquez. Con tempo por diante para intentar remontar intentárono os locais, pero non foi posible. ó final 1-3 favorable ó Antela C. F. Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.20141122 120605

Imprimir

UNHA DERROTA E UN EMPATE NOS PARTIDOS DO BENXAMÍN "B" E BANXAMÍN "A"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Na mañán do Sábado recibía o Benxamín "B" a A .D. Bosco.

Comenzaron algo frouxos os xogadores do equipo local, xa que no minuto 9 perdían por dous goles a cero, o primeiro obra de Javier Antonio e o segundo de Xavier. Intentaron reacciionar os pupilos de Rubén Carballo, e antes do descanso conseguían reducir a distancia no marcador gracias a un gol de Mauro.

Seguiría o partido igual na segunda metade hata o tramo final, nos últimos 15 minutos, onde o equipo da A. D. Bosco lograba un novo tanto, Bruno, os xogadores locais intentárono dunha e doutra maneira, pero só conseguiron anotar un novo gol no último minuto de partido. Mauro de novo, deixaba o marcador final 2-3. Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

O outro euquipo Benxamín da escola, xogaba en Monforte fronte ó C. P. Calasancio, partido disputado tamén na mañán do Sábado.

Bonito encontro o que disputaron estes dous equipos no que o resultado final foi de 4-4.

Comenzaron adiantándose no marcador os da E. D. C. Celanova con un gol de Iago no minuto 20 de partido, e no último minuto da primeira metade empataban os locais con gol de Daniel. Seguía a emoción no partido, e máis nesta segunda metade, no minuto 36 Iker volvía por por diante no marcador os visitantes con un bonito gol, e a falta de 4 minutos para o final e gañando 1-2, comenzou o baile de goles. Empataba o partido David, e na seguinte xogada e a falta de dous minutos para o remate, Iago conseguía un formidable gol, (2-3). No saque de centro e nunha xogada moi discutida e dudosa conseguían empatar de novo os locais, Daniel (3-3). Un minuto para o final do encontro e o marcador reflexaba empte a treses.Novo saque de centro, e nun erro defensivo do equipo visitante o C. P. Calsancio conseguía por o marcador o seu favor, con gol de Sandro, (4-3). Non quedaba tempo para máis, e cando xa o árbitro ía pitar o final do partido produciuse unha falta ó borde do área do equipo local, era a derradeira oportunidade, e Iago non perdoou, gol e final do encontro. 4-4 e bo partido do Benxamín "A". Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Imprimir

FIN DE SEMANA DE PONTE E FÚTBOL NA VILA DE SAN ROSENDO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Siguen as competicións oficiais de Fútbol 8 para a E. D. C. Celanova. O primeir partido celebrarase a partires das 19:00 da tarde de hoxe Venres, onde se enfronta o Alevín "A" ante o Antela.

O Sábado a mañán levaranse a cabo dous novos partidos no Municipal de San Rosendo, dende as 10:30 o Benxamín "B" recibe a A. D. Bosco, e a mesma hora o Alevín "B" disputará o seu encontro ante o Barbadás "C".

O único desprazamento realizarao o Benxamín "A", viaxará neste caso a provincia de Lugo para enfrentarse a partires das 10:45 ó Monforte.EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Imprimir

O Alevín-A cae derrotado no Ribeiro.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Alevín-A caiu derrotado no Ribeiro por un contundente 4-0 diante dun dos equipos que está pelexando por meterse nos postos que dan acceso a disputa do campionato galego. O partido tivo en todo momento color locai, e xa dende o comenzo o Ribeiro levou o partido de cara. 2-0 Ao descanso con goles de Lucas e Iker, para outros dous na reanudación a cargo do propio Iker e Sergio sellarían a goleada para os locais. Ver ficha do partido. Ver resultados e clasificaciónIMG-20141025-WA0009

Imprimir

Dúas derrotas para os dous equipos Benxamíns da E. D. C. Celanova

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" perdía desta vez no seu enfrontamento contra a S. D. C. Arrabaldo por 4 goles a 2.

Tiveron un mal inicio os pupilos de Rubén Carballo, posto que no minuto 14 xa perdían por 3 -0. Xusto antes do descanos do encontro lograron recortar distancias gracias a un gol de Jesús.

Igual que na primeira metade, ó inicio da segunda encaixaron un novo tanto, ó cal responderon 4 minutos depois con gol de Adrián. Os minutos pasaban e os cativos da E. D. C. Celanova non eran quen de acadar máis goles, co que se chegou o final do partido con resultado de 4-2 favorable a S. D. C. Arrabaldo.

Para a vindeira semana recibirán na casa a A. D. Bosco. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

O Benxamín "A" disputaba o seu encontro no Municipal de San Rosendo, o Sábado pola mañán, contra o lider da categoría, o Pabellón C. F. Poucas opcións tiveron os da Vila, xa que no minuto 5 perdían por 0 goles a 4, intentaron reaccionar con gol de Iker no minuto 7, pero a partires de ahí hata o descanso encaixaron 4 novos goles. Sen opcións na segunda metade do encontro e con 3 novos goles encaixados rematou o partido disputado ante un gran rival.

Para a semana viaxarán para visitar ó Monforte. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

 CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 72

Imprimir

Previa do 29 de Novembro no Fútbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Esta semana só haberá un partido como locais no campo de San Rosendo, e será o Benxamín "A" que xogará contra o Pabellón C.F. a partir das 11:00. O equipo visitante é un dos mellores da liga e ten como obxetivo xogar o campeonato Galego, os nosos tocaralles sufrir nun durísimo partido.

O Benxamín "B" desplazarase ata Santa Cruz de Arrabalado para xogar fronte o Arrabaldo "B" a partir das 11:30, mentres que o Alevín "A" viaxará a Rivadavia para xogar fronte o Ribeiro as 11:00.

O Alevín "B" tócalle descansar este fin de semana por mor de que a liga esta composta por un número impar de equipos.

Sorte a todos e a divertirse!IMG-20141025-WA0008

Imprimir

Duelos mui axustados ca ED.Barbadas no Benxamín-B e no Alevín-A

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

20141122 112735EDC.CELANOVA (Benxamin B)O sabado pola mañá a xornada de fútbol-8 deparaba un doble duelo entre a EDC.CELANOVA e a EDC.Barbadas nas categorías alevín e benxamín. A verdade e que os dous partidos estuveron mui igualados tanto nos resultados como no xogo. Comenzaban os mais pequenos do benxamín de primeiro ano, o partido rematou con empate 3-3 logo de moitas alternativas no marcador. Empezarían gañando os visitante 0-1 Hugo min.4, para empatar Mauro Mociño para os locais min.9. Voltaría adiantar Pablo 1-2 min.28 ao Barbadas, para en cinco minutos trepidantes primeiro Carlos Rodriguez min.29 e o seu irmán Adan Rodriguez no min.32 coller unha ventaxa para os locais que pouco duraría, xa que inmediatamente Martín min.33 poría o 3-3 para o Barbadas. Ainda no último minuto de partido Carlos Rodriguez tivo a oportunidade de marcar o gol definitivo nunha gran xogada que finalizou cunha gran parada do porteiro David Ferreiro para deixar o empate final no marcador.Ficha partido.

 

No segundo partido da mañá en San Rosendo a tónica foi mui similar entre os dous alevíns de último ano, ainda que o resultado final foi de 1-2 favorable aos visitantes do Barbadas. O partido foi mui parexo, con moito mais control do balón por parte da EDC.Celanova que conseguía impoteñer un fútbol moito mais combinativo diante do partido mais físicoque propuñan os visitante. Así e todo eran contadas as ocasións pora calquera dos dous bandos, sendo no segundo tempo cando xa o cansancio e a pesadez do campo comenzaba a facer mella nos xogadores cando aparecerian as ocasions. Primeiro sería Mauro Dorado o que tería a oportunidade de adiantar ao Celanova, para a continuación en dous tiros lexanos ser o Barbadas o que tería a posibilidade de adiantar aos visitantes con dous tiros o poste eo largueiro.  E sería Axel Rodriguez o que o min.36 adiantaría aos visitantes co lanzamento dun libre directo mui discutido tras pitarlle unha man ao porteiro local nun saque de meta. O Celanova a pesar dun gol que no facía xusticia ao acontecido no camponon lle perdería a cara o partido e catro minutos para o final sería Martín Perez o que conseguiría empatar no rechace de un corner. Pero o partido ainda tería un último episodio por escribir xa que no último minuto sería Juan Muiños o que poría o 1-2 final para o Barbadas. Nun encontro no que o alevín-A mereceu por xogo un mellor resultado. Ficha 20141122 120605partido.

Imprimir

Cara e Cruz nos partidos de fútbol 8 para os equipos Benxamín "A" e Alevín "B"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Despois de lograr a semana pasada a primeira victoria da tempada, o equipo do Benxamín "A" desprazábase este Domingo pola mañán para enfrontarse a un duro rival, como é o E. D. Ourense.

Comezaron mal o partido os de Celanova, posto que no minuto 3 xa perdían 1-0 con gol de Jose L. Sen case ningunha opción neste tramo de partido remataron a primeira metade con un resultado de 3-0 favorable ó equipo local.

Na reanudación do partido saíron os de Celanova un pouco máis enchufados, hata que nos minutos 35 e 40 chegaron dous novos goles, intentou reaccionar o equipo con un tanto de Iker, pero xa no tramo final do encontro toparíanse con dous novos goles, deixando de esta maneira un resultado de 7-1 para o cadro local. Ver ficha do partido.2CS 5176

Agardamos un novo fin de semana, para recibir desta vez ó lider da competición, o Pabellón C. F.

 

 

Por outra parte o Alevín "B" da E. D. C. Celanova desprazábase ó campo do Polígono. Contaba con moitas baixas o equipo de David Sotelo, polo que viaxaban 4 xogadores do Benxamín "A" ( IAGO, JOSE, H. PEREIRA E IKER ).2CS 5305

O equipo logrou unha amplia victoria, chegando ó descanso co marcador 0-4. Na segunda parte o equipo local logrou meter un gol, pero non foi suficiente para evitar que os de Celanova se fixesen co partido, xa que lograron 7 goles máis nesta segunda metade do encontro. Ó final victoria amplia do equipo visitante, que a vindeira semana tocaralle descansar.Ver ficha de partido.

 

 
Imprimir

Previa futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20141017-WA0013Dous encontros en San Rosendo e dous desplazamentos completan a xornada de iste fin de semana no fútbol-8. A xornada comenza o sabado co doble enfrentamento entre a EDC. e mais o Barbadas en San Rosendo. As 11:00 comenzaran o Benxamín-B para posteriormente xogar o Alevín-A 12.00, os dous partidos son de dificultade alta xa que son rivais da parte alta da taboa. O mesmo sabado o alevín-B desplazarase ao Poligono para xogar diante o equipo local que pecha a taboa clasificatoria, ainda que o EDC. desplazarase con moitas baixas que obligaran a levar varios Benxamins ten unha boa oportunidade para sumar os tres puntos. Mentres que pechará a xornada o Benxamín-A no campo da universidade o domingo as 10:30 outro partido de dificultade alta para os nosos.

Imprimir

Tres victorias e unha derrota no fútbol 8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20141004-WA0001Con tres victorias e unha derrota rematou  xornada de fútbol-8 disputada o fin de semana. Dúas victorias foi o saldo dos dous partidos disputados no campo de San Rosendo, por un lado o Alevín-B conseguía gañar pola mínima 2-1 ao Ourense CF-D. Nun partido que se le puxo de cara con dos goles de Angel David e Rayco no primeiro tempo, pero que se lle complicou un pouco tralo gol de Da Silva mediada a segunda metade. Pola súa parte o Benxamín-A conseguia gañar de maneira clara o seu enfrentamento co Santa Teresita 5-0, e de iste xeito sumar os primeiros tres puntos da temporada, os goles foron 2 Hugo Pereira, Iago, Ainhoa e Victor en propia meta.

Polo que respecta a os duas saidas, o Alevín-A visitaba ao Carballiño donde consegía gañar con relativa facilidade 2-4 con goles de Martín, Cesar, Mauro, Jose Miguel. Mentres o Benxamín visitaba o dificil campo de Oira para caír derrotado or un amplio 8-1 diante do Ourense CF. A pesar da diferencia no marcador o equipo benxamín competiu a un bo nivel, conseguindo empatar o partido 1-1 gol de Pablo mediadio o primeiro tempo, e 3-1 o descanso. Encaixando os catro ultimos goles no tramo final do partido.

Imprimir

Comienzo de las competiciones de futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Este fin de semana comenzaron las competiciones en la categoría de fútbol-8, donde la escuela dde fútbol participa con dos equipos en categoría Alevin y otros dos en categoría Benjamín. Buen ambiente el sabado por la mañana en el municipal de San Rosendo para presenciar el debut del Alevín-a de primera categoría que caía derrotado por 2-4 con el Arrabaldo, mentres el Alevín-b de segunda caía derrotado contra el Antela por 0-4 así como o Benjamín-a de primeira categoría con el Antela por 0-3. Mientras el Benjamín-b de segunda categoría debutaba el Domingo en el campo de la universidad donde caia derrotado po 6-1 ante la Purísima.

 

benjamin-b

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.