Duas derrotas co doble enfrentamento co Barbadas no f-11
Doble enfrentamento co barbas a fútbol-11 no campo anexo a San Rosendo. En primeiro lugar os infantis caían derrotados por 0-3, nun partido mui competido e que se decidíu co 2-1 a quince minutos para o final. O Barbadas actual lider e que contaba os seus partidos por victorias sufriu mais da conta no Anexo para sacar o seu partido, os locais plantaron cara, e súa foi a primeira ocasión para adiantarse no marcador. Pero sería o visitante Adrián Vázquez o que marcaría a 5 min. do descanso. A segunda metade perdeu intensidade, o Celanova costaballe mais chegar a portería contraria, e a 15 min. do final Brais marcaría o 0-2. Xa no tramo final do encontro Pablo Gil deixaría o 0-3 definitivo. Con este resultado os infantis teñen que esperar ata o remate da última xornada de esta primeira fase, para ver se acadan o quinto posto que da acceso a liguilla dos que competirán polo campeonato ou se quedará na liga dos que a entran na Copa.
No que refire aos cadete tamén saíron derrotados por 1-2 co Barbadas. O partido foi tremendamente igualado, o Celanova adiantouse moi rápido cun gol de Gael no min.7, pero Yago igualaría primeiro opartido no min.30 e posteriormente no min.57 o propio Yago daríalle a volta o marcador. O celanova a falta de un encontro para rematar a primeira fase clasifica na 11ª posición co cal xa ten imposible o entrar no grupo dos cinco primeiros que pelearan polo campeonato.