Actualidade - Fútbol

Imprimir

Empate 2-2 do infantil en Verín que os clasifica para a ligilla final polo campeonato

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

IMG-20140920-WA0012O infantil disputaba o domingo pola mañá o último partido da primeira fase en Verín. O equipo necesitaba como mínimo empatar o partido para asegurar a quinta plaza que daba acceso a clasificarse para a liguilla polo título. A empresa presentabase dificil xa que o Verín e un dos candidatos ao ascenso. A EDC. xogou cunha intensidade mais alta que o seu rival e esa foi a clave do resultado, no primeiro tempo tivo o partido controlado conseguindose adiantar no marcador con gol de Iago o min.30, a raiz de iste gol o equipo baixou a intensidade o que provocou que o Verín no min. 36 con gol de Xabier, e tras un fallo defensivo conseguiran empatar o encontro. Para no min.39 se puxera por diante 2-1 con gol de Iván. Tra-lo descanso a EDC. consciente de que necesitaba o empate voltou a coller a renda do partido e empuxar todo o que partido, e xa no tramo final do encontro Adrián Viso nun rechace a saída dun corner conseguía o empate a 2-2 que resultaría definitivo no marcador. Ver ficha partido.

EDC.CELANOVA: Pereira (Gabriel 45 min.) - Vazquez (Anxo 28 min.)( Ismael 75 min.) - Alfonso ( Diego 68 min.) - Manuel - Carlos - Rivera - Damian - Adrian Prado - Iago - Fernando - Javi.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.