Actualidade - Fútbol

Victoria do infantil 0-4 e derrota do cadete 1-0 en Monforte.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Este fin de semana comenzaba a segunda fase das ligas en fútbol-11 cunha visita a Monforte tanto dos infantiles como dos cadetes. Comenzaban so infantiles a súa competición na fase polo título cun enfrentamento diante do quinto clasificado do outro grupo, o partido foi de claro color para a EDC. que conseguiase adiantar xa no primeiro tempo con goles de Iago e Adrián. Tivo as súas opcións de recortar o Monforte en dúas accións que solventou moi ben Gabriel. Xa na seguda metade unha nova internada de Iago finalizaría cun centro o segundo pau para que Adrian de novo marcara o 0-3, case de maneira inmediata Iago poría o 0-4 definitivo. O final un resultado amplio e os tres primeiros puntos en esta segunda fase da liga para a EDC.Celanova.Ver ficha partido.Clasificación e resultados.IMG-20141201-WA0006

Tras finalizar o partido dos infantiles serían os cadetes os que lles correspondería disputar o seu encontro correspondente a liguilla de Copa Deputación, no cal o equipo cadete realizou un bo partido en terras monfortinas. Deciduse o partido no primeiro cuarto de hora, onde un erro defensivo dos visitantes, condenounos a recibir un gol en contra. A a partir de este momento o equipo mellorou,  sobre todo ó comenzo da segunda metade, donde tiveron claras ocasións de empatar e incluso de gañar o encontro, pero non estiveron acertados a hora de materializar as ocasións creadas. Primeiro partido de Copa Deputación e primeira derrota, para a semana seguinte novo enfrentamento de esta vez como locais contra o cidade de Ourense. Ver ficha partido. Clasificación e resultados.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.