Actualidade - Fútbol

Imprimir

Dobre desprazamento no fútbol 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Infantil desprázase ata terras Valdeorresas para xogar o seu encontro da liga polo título fronte o C.D. Barco a partires da 17:30. Os nosos rapaces veñen de empatar na casa a 3 un partido que se lles puxera costa arriba cun 0 a 2. A visita deste fin de semana pode ser decisiva para as suas aspiracións nesta liga.

O Cadete xogará ante o Monforte C.F. o Sábado as 12:00 da mañá no municipal de San Rosendo. Os rapaces da E.D.C., que levan unha boa dinámica de resultados a pesar da derrota axustada do fin de semana pasado, intentarán tomarse a revancha do 1 a 0 da primeira volta fronte oequipo Monfortino.

20141222 170125

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.