Actualidade - Fútbol

Imprimir

INFANTIL E CADETE LOGRAN DOUS RESULTADOS POSITIVOS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Longo desprazamento o que tiña o equipo Infantil para visitar terras Valdeorresas.

Comenzaba o partido moi costa arriba para os de Celanova , xa que no minuto 4 Manu facía un gol en propia porta para por por diante ó C. D. Barco. Novo gol dos locais no minuto 15 e 2-0. A falta de un minuto para o descanso, Iago, transformaba un penalti e recortaba distancias no marcador. Na segunda metade, e con moito tempo por diante, os Infantis da E. D. C. Celanova intentaron remontar o encontro, e no minuto 14, de novo Iago, conseguía o empate. Sen máis goles no partido e reparto de puntos para ambos equipos. Ver ficha de partido. Ver calsificación e resultados.

Gloriosa mañán a que tivo o equipo Cadete da E. D. C. Celanova logo de gañar o seu encontro por 7 goles a 1 ante o C. F. Monforte.

Adiantábase moi rápido o equipo local por medio de Iñaki, minuto sete, e logo en cinco minutos conseguían tres novos goles, dous obra de Gael e un novamente Iñaki. No último minuto da primeira metade, Luis marcaba en propia porta, polo que se chegaría o descanso con resultado de 4-1. Comenza a segunda metade, e novamente Gael lograba dous novos tantos ( catro na súa conta particular ), e a falta de 9 minutos para o final, David facía o séptimo gol. Segue a dinámica positiva para o equipo Cadete da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141222 170350

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.