Actualidade - Fútbol

VICTORIA DO INFANTIL E DERROTA DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Lograba a victoria o equipo Infantil ante o Monforte no encontro que se celebrou na mañán do Sábado. Foi, no minuto 36, Diego Rivera o que abriría o marcador, e a falta de un minuto para o descanso Adrián Viso faría o 2-0. Xa na segunda metade, en tres minutos Gabriel Méndez era quen de marcar dous novos goles e deixar o 4-0 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por tres goles a catro caía derrotado o Cadete da E. D. C. Celanova. No minuto 22 adiantábanse os visitantes por medio de Pablo, e David Alén, a falta de tres para o descanso lograba o empate. Non chegaría aínda o tempo de descando, xa que tres minutos máis tarde, Jesús adiantaba de novo ó Chantada. Xa na segunda metade e con 8 minutos disputados, de novo Pablo, puña o 1-3 no marcador. A partires dese intre reaccionaron os locais hata acadar o empate, primeiro Dani e logo Miranda, pero a mala sorte faría que nos últimos intres do encontro encaixasen un novo gol, novamente Pablo, par desta maneira caeren derrotados. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.20141222 170105 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.