VICTORIA DO iNFANTIL E EMPATE DO CADETE
Clara victoria do Infantil ante o Arrabaldo. Estivo o encontro na primeira metade un pouco máis igualado, chegando ó descanso co resultado de 3-2 favorable os da E. D. C. Celanova, dous goles de Damián e un de Javi. Xa no segundo tempo os locais mostraron o seu mellor nivel e lograron tres novos goles, obra de Damián, por terceira vez, Anxo e Ismael, para cerra o marcador cun definitivo 6-2. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.
Empate, o que lograba o Cadete ante o Velle "B", logo de ir gañando durante moito tempo por un gol a cero, Daniel foi o seu autor, chegaría o empate nos últimos intres do encontro, despois de que Victor Manuel transformase un penalti. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.