Actualidade - Fútbol

Imprimir

VOLTARON AS COMPETICIÓNS LOGO DA SEMANA SANTA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Caeu derrotado o Benxamín "B" ante o Velle "B" nun partido moi disputado e que logrou gañar o equipo local logo de marcar un gol a falta de 5 minutos para o final. Ver ficha de partido. Ver calsificación e resultados.

Nada puido faer o equipo do Benxamín "A" no segundo encontro de copa ante a ED Ourense. Sete a cero foi o resultado final. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

2-2 sería o resultado final que acadaría o Alevín "B" ante o Allariz logo de remontar dous goles en contra. Os autores dos goles locais foron Adrián e David, este punto segueos deixando como líderes. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Tamén caería derrotado o equipò Infantil, 1-4 ante o Ourense C. F. na fase final da copa deputación, o gol dos locais lograríao Iago. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por último o equipo Cadete lograría unha victoria no seu primeir partido de copa delegación, sería ante o Cidade de Ourense C. F., 0-3 remataría o encontro con tantos de Iñaki, Iago e Ricardo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141122 111410

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.