Actualidade - Fútbol

Imprimir

Empate no dobre enfrentamento EDC.Celanova e Ourense en infantiles e cadetes.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

foto cadete 2A xornada do fin de semana deparavanos un dobre enfrentamento no fútbol-11 entre a EDC.Celanova e o Ourense. Dous empates e moita emoción nos dous encontros.Na tarde do sabado xogaban os cadettes para empatar 2-2, nun encontro moi disputado no que o Ourense comenzou adiantandose no marcador por duas veces 0-1 e 1-2 pero que o Celanova foi quen de empatar primeiro Carlos, e xa na última xogada do encontro cunha execución maxistral dunha falta directa Brais. E de esta maneira conseguir o primeiro punto en esta segunda fase por o titulo e mais pola clasificación para disputar a fase de ascenso a liga galega. Ver resultados e clasificacions. Ver ficha do partido.

Polo que respecta aos infantis xogarían o seu partido o domingo pola mañá, para voltar a rematar en empate 4-4. Multitude de goles e emoción, pero que de esta vez quedamonos coa sensacion de perder os dous puntos. Comenzou o encotro adiantandose no marcador o Ourense moi rápido Brais min.4 para conseguir darlle a volta a EDC.Celanova con dous goles de Damián e Mauro antes do descanso. Nada mais arrancar a segunda metade o Ourense voltaba empatar por medio de Israel. De novo a EDC. empuxou e conseguiu distanciarse no marcador con dous goles de Damián e  boas oportunidades de Mauro, Martin e Rivera para marcar o quinto. Pero no tramo final do partido e en duas contras o Ourense por medio de Iago e Kevin igualaría o partido para por o marcador final que ben puido cambiar Mauro nun mao a mao co porteiro que enviou ao poste. Sensación de que se perderon dous puntos, pero tamén punto importante o que se gañou que no manten na pelea polos pontos que danacceso a fase de ascenso. Ver resultados e clasificación. Ver ficha do partido.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.